Quen pode matricularse nunha escola oficial de idiomas

Neste apartado obterá información sobre quen, en que circunstancias e como matricularse nunha escola oficial de idiomas na comunidade autónoma de Galicia.

Unha escola oficial de idiomas é un centro de ensino público dependente da Xunta de Galicia, concretamente da consellería competente en educación. O proceso de matrícula está unificado en toda a comunidade e está regulado polas correspondentes instrucións que, cada ano, ordenan o procedemento.

Pode matricularse calquera persoa maior de 14 anos para estudar calquera das linguas ofertadas agás, se é o caso, a primeira lingua estranxeira que esté a estudar no ensino secundario obrigatorio. Non existe unha idade máxima para matricularse e estudar unha lingua.

Consulte a información sobre o proceso para matricularse: por favor, lea coidadosamente toda a información. O procedemento é distinto para persoas que estiveron matriculadas no curso inmediatamentet anterior que para alumnos novos. Lea con detimento qué casos teñen a consideración de alumnado novo.

Pode consultar a normativa sobre acceso, no apartado lexislación da nosa web.

Caso de ter dúbidas, consúlteas na conserxería (información xeral, prazos, trámites) ou na secretaría (información detallada sobre o seu caso concreto, permanencia, traslado de expediente).

Tentamos contestar no mesmo día as consultas sobre casos individuais que nos formulan por correo electrónico e, dependendo da natureza da consulta, a resposta pode non ser inmediata e demorar uns días.

Considere que, por confidencialidade e protección de datos, non facilitaremos información sobre detalles do expediente académico se o enderezo de correo non coincide co rexistrado e non fose posible verificar a identidade da persoa remitente.