Matrícula alumnado que continúa estudos

O alumnado que estivo matriculado no curso 2022-2023 que desexa continuar os seus estudos no 2023-2024 debe seguir os pasos que se indican neste apartado. Se renunciou á matrícula ou lle foi anulada no curso 2022-202, debe seguir este outro procedemento.

Siga o procedemento, os prazos e a documentación a entregar para completar a matrícula con éxito.

 

Procedemento: Seguiranse as instrucións do Anexo III da Resolución do 16 de maio de 2023:

  1. A matrícula é directa, en liña, a través de CentrosNet.
  2. Acceda ao seu perfil na aplicación durante o seu prazo de matrícula, unha pantalla informaralle do/s grupo/s no que pode matricularse: debe elixir un grupo dos que se lle ofrecen.
  3. Reserve a matrícula: confirme a selección do grupo. O sistema xerará un resgardo por duplicado. A praza queda reservada, pendente da entrega da documentación.
  4. Taxas: a aplicación calcula o importe para que poida efectuar o pagamento. Asegúrese de marcar a información que aplica ao seu caso para que o cálculo sexa correcto. Pode consultar o importe das taxas nesta páxina. Debe efectuar o pago no prazo establecido.
  5. Unha vez realizado o pagamento, debe presentar a través da aplicación web o xustificante do pagamento, xunto co resto da documentación que proceda segundo o seu caso. Comprobe a documentación a entregar coa matrícula.
  6. Logo de que a documentación sexa comprobada, a matrícula aparecerá confirmada. Contactaremos por correo electrónico dende o centro caso de que xurdan dificultades coa confirmación da súa matrícula. Neste caso envíe a documentación requirida á maior brevidade.

Prazos:

Do 19 ao 30 de xuño ás 12.00 do mediodía: alumnado APTO na convocatoria ordinaria de xuño de 2023. inclúese o alumnado de "That's English!" APTO na convocatoria ordinaria de xuño de 2023 que queira pasar ao ensino oficial, presencial ou semipresencial, no curso 2023-2024 (deben contactar coa secretaría da escola previamente).

Do 3 ao 7 de xullo ás 12.00 do mediodía: alumnado APTO, NON APTO ou NON PRESENTADO na convocatoria extraordianaria de xuño de 2023. Inclúese o alumnado de "That's English!" da convocatoria extraordinaria de xuño de 2023 que queira pasar ao ensino oficial, presencial ou semipresencial, no curso 2023-2024 (deben contactar coa secretaría da escola previamente).

Do 28 de agosto ao 8 de setembro: matrícula directa nesta ligazón.

IMPORTANTE:

  • Recibirá a oferta de matrícula no seu prazo. Se ten que presentarse á convocatoria extraordinaria, a aplicación non ofrece unha opción de matrícula no prazo do 19 ao 30 de xuño.
  • As prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedan automaticamente anuladas e liberadas para o prazo de matricula posterior. Se non entrega a documentación requirida perde todo o dereito sobre a reserva da súa praza.
  • Se renunciou á matrícula ou lle foi anulada, este procedemento non lle aplica: debe realizar unha preinscrición. Vexa as instrucións de preinscrición.

Información importante relativa á matrícula:

- A posta en marcha do grupo elexido dependerá do número total de inscritos que o xustifique.
- As datas de celebración das probas de progreso e da convocatoria ordinaria poderán realizarse en día e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula. Na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.
- Perda do dereito á matrícula: a non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a dirección nos 15 días seguintes ao inicio do curso académico implicará a perda da condición de alumnado oficial e a escola disporá destas prazas para seren cubertas por outros aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.