I Andaina 'Sendas cara a igualdade' - 8M - Día Internacional da Muller

 

CONVIDÁMOSTE A CAMIÑAR POR UNHA BOA CAUSA!

Andaina aberta a alumnado, profesorado e persoal non docente da EOI de Vilagarcía no curso 2020-2021. Na andaina poderán participar tamén exalumnado e persoas pertencentes á comunidade educativa da EOI de Vilagarcía, así como doutras EOIs de Galicia, de centros de ensino da contorna, e outras institucións relevantes, e calquera pesoa do público en xeral que teña interese en participar.

Para facela, deberedes inscribirvos de xeito individual a través deste formularioaté o xoves 4 de marzo, data trala cal recibiredes o dorsal nos vosos correos electrónicos. De non poder imprimilo, indicádeo no formulario, para recollelo impreso na conserxería da EOI.

Poderedes realizar a andaina entre o luns 8 e o venres 26 de marzo, podendo realizar calquera distancia na localidade que desexedes, sempre tendo en conta as restricións en materia sanitaria que prevalezan no voso lugar de participación. Con esta proposta deslocalizada evitarase a concentración de persoas no mesmo punto.

Para difundir a iniciativa sacade unha fotografía na que apareza o voso dorsal, tomada ó inicio do recorrido, durante o mesmo e/ou unha vez rematado, e compartídea seguindo as instrucións das bases, que podedes consultar aquí.

Coas vosas imaxes, poderedes entrar no sorteo dos obsequios por categorías: unha camiseta da EOI Vilagarcía serigrafiada con frases sobre a igualdade, resultado da actividade ‘Frases sobre a igualdade’, polo Día Internacional da Muller. A actividade de ‘Frases sobre a igualdade’ se publicará proximamente e estará aberta á participación do alumnado tamén desde o día 8 de marzo até o 26 de marzo.

As categorías de participación para o obsequio da andaina son as seguintes:
-    Fotografía máis orixinal relacionada coa temática da igualdade.
-    Fotografía enviada desde a localidade máis lonxana á EOI Vilagarcía.
-    Fotografía con maior distancia camiñada: alumnado da EOI Vilagarcía.
-    Fotografía con maior distancia camiñada: profesorado da EOI Vilagarcía.
-    Fotografía con maior distancia camiñada: persoal non docente da EOI Vilagarcía.
-    Fotografía con maior distancia camiñada: público en xeral

Animádevos a participar!

E difundide! É unha actividade aberta a tod@s!

AdxuntoTamaño
I Andaina ‘Sendas cara a igualdade’ -EOI Vilagarcía - 8M 2021 BASES.pdf238.79 KB