Medidas en relación co COVID-19 e o confinamento

Info_COVID_19

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou estas instrucións nas que se recollen as medidas que se han de aplicar nas EOI de cara á fin do curso 2019-2020.

Pregámoslle asemade que teña en conta a seguinte información:

  • Dada a actual situación, non resulta posible manter o calendario de probas establecido na Circular 1/2020; polo tanto, as datas propostas, tanto para a convocatoria ordinaria como para a extraordinaria, aprázanse ata que as probas poidan realizarse coas debidas garantías de seguridade, de acordo coas medidas que establezan as autoridades competentes. Isto aplicarase tamén aos calendarios de todas as probas establecidos polas escolas.
  • Amplíase o prazo para solicitar a renuncia. A data límite establecerase de acordo co novo calendario de probas. Esta renuncia non computará para os efectos de permanecia, tal como se establece no punto 7 da Circular 3/2019.
  • O prazo de matrícula libre reanudarase unha vez que finalice o estado de alarma, tendo en conta o novo calendario de realización das probas. O alumnado xa matriculado, que non poida realizar as probas nas novas datas que se establezan, poderá renunciar á matrícula e solicitar a devolución das taxas aboadas.
  • En canto á realización das probas finais dos cursos de linguaxe administrativa galega, están pendentes das medidas que adopte a Secretaría Xeral de Política Lingüística (ensinanza non ofertada nesta EOI).

Lembre:

  • O profesorado da EOI segue a atender telematicamente ao alumnado. Se non consigue contactar coa persoa docente encargada do seu grupo, envíenos un correo.
  • Durante o período de vixencia do estado de alarma atendemos as consultas no correo electrónico eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal
  • Caso de precisar contactar por teléfono, atendemos de luns a venres, de 10:00 a 13:30 no 630 242 915.
  • Consonte á Disposición Adicional Terceira do Real Decreto 463/2020, queda en suspenso o cómputo de todos os prazos administrativos.
  • Se desexa renunciar á matrícula, deberá presentala no rexistro do centro unha vez se levante o estado de alarma.
  • En canto se produzan novidades, avisaremos nesta web mediante CentrosNet. Se aínda non o fixo, considere instalar a app de CentrosNet.

 Pode consultar a información actualizada na web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.