Like Life de Lorrie Moore no Clube MjF 2.0

O venres 22 de abril, ás 20h00 na biblioteca da EOI, terá lugar a reunión do Clube de Leitura Montag jeden Freitag 2.0 para discutir a obra Like Life, de Lorrie Moore. Na biblioteca da escola temos exemplares en todos os idiomas e a reunión é aberta a toda a xente.

Escritora de contos e romances nacida en 1957, Lorrie Moore é un dos nomes maiores da narrativa norte-americana actual. Like Life, publicado en 1990, é o segundo libro de contos da autora e recolle historias publicadas previamente en varias revistas, entre elas The New Yorker. Varios contos están ambientados na cidade de Nova Iorque, mais algúns outros sitúanse no territorio onde a autora vive hai anos e a que deu un papel central no conxunto da súa obra, o Midwest. Lorrie Moore escribe sobre xente viva, escura e divertida, na linguaxe do día a día, que ela eleva á condición de arte.