Actividades
Día das Escritoras 2022
Durante esta semana, para comemorar o Día das Escritoras, na mesa central da sala de lectura, atoparedes unha escolma de obras escritas por mulleres para animarvos a emprestalas e vir gozar da lectura.
Día do libro no Camiño - obradoiro de banda deseñada con Helder Rodrigues
Celebramos o Dia Internacional do Libro con un obradoiro de banda deseñada da man de Helder Rodrigues Parrinha, que tamén presentará a súa obra Destino Santiago, que tan ben encaixa no noso proxecto eTwinning No Camiño / Auf dem Weg / On the way! Ides perdelo?
Agardámoste no obradoiro, só precisas traer creatividade - lapis e papel corren da nosa conta!
A nosa historia radiofónica vai...
... como ti queiras!!
Mira aquí!
→ axúdasnos a continuar?? Manda as túas propostas de continuación da historia a este Padlet:
- podes continuar un fío aberto ou abrir un novo a partires do primeiro texto
- podes facer achegas en texto escrito, texto oral, vídeo, ilustración, o que penses mellor!! se cadra queres porlles cara ás persoas e paisaxes?
- podes comunicarte en calquera das seis linguas da escola → podes poñer axudas para a comprensión dende outras linguas: glosas, subtítulos, debuxos...
→Iremos publicando todas as achegas por diferentes medios: radio, twitter, instagram, web, cartaces…
- cal será a mellor historia???? .
Clube creativo Café de Pota
Préstache un Café de Pota así cedo pola mañanciña? Ou pola tardiña! Vente ao novo clube creativo promovido pola equipa Tupper da Radio Maré!
Toda a información aquí
Formación técnica para uso da Radio
Queres aprender a usar o equipamento de Radio Maré?
Apúntate á formación en biblioteca@eoivga.org
Poderás asistir ás sesións iniciais, ás gravadas ou as que se fagan en cascada. Deixa o teu nome nese correo para poder organizar todo mellor!
Voluntariado para a Biblioteca
COLABORA COA TÚA BIBLIOTECA
Programa de voluntariado 2021-2022
Buscamos alumnado con algún tempo dispoñible e interese en pasar tempo nun espazo cheo de historias e aventuras.
Precisamos axuda nestas tarefas: xestionar o servizo de empréstitos e devolucións, dinamizar as actividades da Biblio, colaborar en Radio Maré, colaborar na transformación do servizo...
Como podes inscribirte? Tes dúas alternativas: decíndollo á/ao túa/teu profe ou mandando un mail a biblioteca@eoivga.org nos dous casos indicando dispoñibilidade horaria e días posibles.
Recoñecemento: certificaranse de 15 a 30 horas. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado depositará as experiencias das persoas voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia e emitirá as certificacións.
A EOI resultou gañadora no III Concurso de Podcast – Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares
O grupo de alumnado que por iniciativa propia ideou e creou o programa de Radio Maré, ‘Exóticas’ resultou gañador do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio co seu episodio dedicado a Xela Arias, que podedes escoitar aquí. Parabéns! Esta proposta en particular está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a editora, tradutora, poeta. A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na Biblio, e a contía do premio deberá destinarse a melloras no equipamento e infraestructura do laboratorio/emisora de radio. Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da páxina do Diario Cultural, onde xa o podedes ver publicado, así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Invitámosvos a escoitalo e a seguir participando e contribuíndo para crear escola. |
Xa podemos escoitalos!
... non deixes de escoitalos e de lelos! Todas as obras dispoñibles na Biblioteca!