Actividades e novas

Charla de percusión tradicional galega

O xoves 30 de novembro virá Jose Manuel Sanín a visitarnos e falar do traballo que fan no seu obradoiro de instrumentos tradicionais como a pandeireta ou o pandeiro. As 16.30 no obradoiro da biblioteca. 

Encontro con María Solar: Club de lectura As horas roubadas

O mércores 10 de maio tivemos un encontro virtual coa presentadora e autora María Solar, dentro da actividade Club de Lectura As horas roubadas organizado polo EDLG do centro. Despois do encontro fixemos un pequeno proxecto creativo: inventar un novo final e tamén unha segunda parte do libro.

Concurso fotográfico "A primavera a foto altera" - Fotos gañadoras

 

Velaquí as fotos gañadoras do concurso fotográfico "A primavera a foto altera". Parabéns ás persoas agraciadas e moitas grazas a todos/as os/as participantes.

A primavera a foto altera

Durante semanas os participantes deste concurso fotográfico alterástesnos gratamente coas vosas imaxes primaverais. Aquí podedes ver en conxunto todas as 12 fotos presentadas por alumnado do curso 2022/23. O luns 8 de maio publicaremos os gañadores desta actividade organizada este Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 Para ler os textos en galego que acompañan a cada unha das imaxes premer en Ler máis aquí debaixo:

 

1. Mes das froles

Nasín cando as prantas nasen,

no mes das froles nasín,

nunha alborada mainiña,

Distribuir contido