Matrícula 2020-21

MATRÍCULA ABERTA: CURSOS INTENSIVOS

Ábrese o prazo de matrícula para os cursos intensivos do 2º cuadrimestre do 31 de xaneiro ás 00.01 horas ao 7 de febreiro ás 23.59 horas para o alumnado apto nos intensivos do primeiro cuadrimestre e para o alumnado de novo acceso.

  • FRANCÉS:
    • EOI Central: Básico A2
  • INGLÉS:
    • EOI Central: Básico A2
    • Sección Valle-Inclán: Intermedio B2.2

Procedemento:

  • Alumnado apto na convocatoria ordinaria dos cursos intensivos do 1º cuadrimestre poderán matricularse directamente desde Centrosnet.
  • O alumnado de novo ingreso terá que realizar a matrícula dende as ligazóns:

Documentación (só alumnado novo)

PRAZAS VACANTES: CURSO 2023-24

Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes. O prazo estará aberto do 22 de xullo ata o 8 de setembro.

Segue os seguintes pasos: 

  • Consulta os grupos e horarios do curso 2023-24 e elixe o que máis se axuste á túa dispoñibilidade.

  • Escolle o centro e o tipo de curso no que te queres matricular e preme na ligazón correspondente:

PONTEVEDRA: EOI CENTRAL

SECCIÓN A ESTRADA

SECCIÓN LALÍN

SECCIÓN VALLE-INCLÁN

  • Realiza o pagamento das taxas: resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.
  • Sube a documentación requirida á mesma aplicación de matrícula.

Alumnado con diversidade funcional:

    • Achegar documentación acreditativa.
    • No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.

Alumnado menor de idade:

Formulario de autorización do uso da imaxe (alumnado maior de idade):

  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas no mes de xullo e de 9.00 a 13.00 nomes de agosto.
  • Resolución de matrícula do 16 de maio de 2023
  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.

MATRÍCULA CERTIFICACIÓN: ALUMNADO CALC, CUALE E CURSOS PREPARACIÓN

De acordo á Circular 2/2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, o alumnado inscrito nos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), o alumnado do programa CUALE, e o alumnado dos cursos de formación do profesorado de preparación das probas de certificación da EOI deberá matricularse previamente do seguinte xeito:

  • A inscrición farase a través da aplicación https://www.informaticacentros.com/xunta
  • O prazo para matricularse é das 00:00 h do luns, 18 de abril, ás 12:00 h. do venres, 22 de abril.
  • Consulte os requisitos no punto 2 da Circular.

Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, a través da aplicación web, a seguinte documentación:

  • O impreso de matrícula xerado pola aplicación web de matrícula, onde se indique(n) o(s) idioma(s) e o nivel ou niveis no(s) que se matricula
  • De ser o caso, o resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013. Consulte os códigos e importe das taxas (pode realizar o pagamento das taxas nesta ligazón).
  • Unha fotocopia do DNI ou do NIE
    • para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2022, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o modelo do anexo II da Circular 2/2022
    • para o alumnado dos cursos CALC, o documento da realización do curso, emitido polo CFR, onde conste que cumpre co requisito de asistencia.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/21

Lembre que por seguridade cómpre realizar os trámites relativos á matrícula de xeito telemático enviando a documentación requirida ao enderezo matricula.eoipontevedra@gmail.com. De non poder facelo, podes pedir cita previa a través da web.

Teléfono de atención: 886 159 116 

Distribuir contido