Escola de Rañó

CASTAÑAS ASADAS E LEITE CON MEL

 

DESPOIS DE TANTA ESPERA CHEGOU O GRAN DÍA... "A FESTA DO MAGOSTO". QUE BEN O PASAMOS! ESTE ANO O FESTEXAMOS TODOS XUNTOS NA ESCOLA DE VACARIZA. ALÍ:

- Bailamos as cantigas de Roda coa axuda da mestra María, que coa axuda do leite con mel ata cantou afónica :). GRACIÑAS!!

- Participamos dos xogos tradicionais que non debemos esquecer: as culleres coas castañas, cantigas de roda, paracaídas, zancos, bolos... e ata sacamos puntería co comecastañas.

- Coa axuda dos papás/mamás comimos castañas asadas quentiñas, que sabrosas que estaban!

 AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA LEMBRANZA DESTE DÍA TAN ESPECIAL

 

FACEMOS CREMA DE CABAZA

GRAZAS AS CABAZAS QUE AS FAMILIAS NOS APORTARON, ADEMAIS DE FESTEXAR O SAMAÍN, FIXEMOS CREMA DE CABAZA!

APRENDIMOS MOITAS COUSIÑAS:

- OLORES: a mextura dos alimentos (cabaza, cebola e sal).

- SONS: a potencia da batidora, as gotas da crema ao pasalo á pota, o queisiño ao abrilo...

- SERIE NUMÉRICA: os nen@s colocaban a batidora en diferentes niveis de potencia, relacionando o número menor co menor nivel e maior co máximo nivel.

- RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS E VALORES (compartir): como as mestras esquecemos o quesito coma ingredente, Daniel deunos o seu da merenda.

- FACER RECEITAS: plasmadas no papel.

- ELABORACIÓN DA NOSA PROPIA RECEITA "CREMA DE CABAZA".

E FINALMENTE A PROBAR AS COUSAS QUE NUN PRINCIPIO NON NOS GUSTAN NADA. PORQUE OS NEN@S DE RAÑÓ XA SABEN QUE O MÁIS IMPORTANTE É ENTRENAR A LINGUA, PROBANDO DIFERENTES SABORES!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRIÑA:

UNHA APERTA DAS MESTRAS MARÍA E MIRIAN :)

  

   

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Ola familias, na aula de Rañó estamos traballando a partir da pizarra dixital a celebración do Magosto. Aquí vos deixo o enlace para que xoguedes cos nen@s na casa. Gozade todos xuntos/as!!!

http://dl.dropbox.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

 

 

 

TEMPO DO OUTONO. O SAMAÍN!

 

Chega o OUTONO á Escola de Rañó. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas.

É  tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Na Escola de Rañó xa coñecemos a tradición e gústanos seguila, mirade o ben que o pasamos!!!!

 

 

 

PRIMEIRO XOGAMOS E CANTAMOS CANTIGAS CA MESTRA MARÍA. MOITAS GRAZAS MARÍA, QUE BEN O PASAMOS!

 

DESPOIS BALDEIRAMOS AS NOSAS CABAZAS:

 

 

E ASÍ DE ARREPIANTES QUEDARON AS NOSAS CAVEIRAS:

 

 

QUE BEN O PASAMOS TODOS E TODAS XUNTOS! MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS! :)

 

 

 

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

 Na Escola de Rañó estivemos elaborando as nosas creacións coas figuras xeométricas. Primeiro as describimos, despois cada un elaborou a súa propia e por último, en pequenos grupos, traballaron nas creacións conxuntas. E así de chulo quedou...

 RAÚL: SINAL QUE INDICA PARA ARRIBA

YERAY: UNHA CASA

RAQUEL: UNHA PORTA ALTA

DANI: NENO DE PÉ

BRAIS: UN AVIÓN

HELENA: UN COCHE

BORJA: APARCADOIRO

JAIRO: UNHA TORRE

TORRE ALTA: BRAIS, HELENA, DANIEL E BORJA.

CASA CON CHEMINEA: JAIRO, RAQUEL, YERAY E RAÚL.

 

 

LISTA DE MATERIAL PARA 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

    Para aquelas familias -PRIMARIA- que decidan mercar o material escolar para o curso académico 2010-2011:

  • 2 lapis STAEDLER NORIS 2 HB
  • 2 gomas grandes de lapis (que non sexan de tinta)
  • 1 afialapis de metal
  • 1 caixa de 24 ceras duras PLASTIDECOR
  • 1 caixa de rotuladores finos
  • 2 barras pequenas de pegamento PRITT
  • 1 regra de 30 cm
  • 1 paquete de folios (500)
  • 1 paquete de 30 cartolinas de cores tamaño DIN A4
  • 2 libretas de pauta ancha sen espiral
  • 1 libreta de cadros sen espiral
  • 1 tesoiras de punta roma
  • 1 paquete de plastilina (a elexir cor)

-        Traer o material todo xunto nunha bolsa plástica co nome

 

 

PERIODO DE ADAPATACIÓN

 

  Os alumnos/as de 3 anos (neste caso soamente un), incorporaranse ás actividades escolares de acordo coas seguintes orientacións:

ALUMNO: Jairo Rubio Comojo

MATERIAL IMPRESO

 

RELACIÓN DE MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN INFANTILINGLÉS4 – 5 ANOS·         Cheeky Monkey 1. Editorial MACMILLAN. 

RELACIÓN DE MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA 1º NIVEL

  • Cadernos de lingua 1 PRIMARIA

Primeiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007 ISBN: 978-84-8224-563-8 Segundo trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007 ISBN: 978-84-8224-565-2 Terceiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007 ISBN: 978-84-8224-695-6

  • Lengua 1 "Salta a la vista" Ed. ANAYA 2008

Cuaderno 1- ISBN: 978-84-667-5513-9 Cuaderno 2- ISBN: 978-84-667-5514-6 Cuaderno 3- ISBN: 978-84-667-5515-3

  • Matemáticas 1 Proyecto "La casa del saber" Ed. Santillana. 2007. ISBN: 978-84-294-0883-6
  • Inglés FIND OUT 1, PUPIL´S BOOK + ACTIVITY BOOK, Dona Shaw. Ed. MACMILLAN

2º NIVEL

  • Cadernos de lingua 2 PRIMARIA

Primeiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007 ISBN: 978-84-8224-710-6 Segundo trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007 ISBN: 978-84-8224-711-3 Terceiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007 ISBN: 978-84-8224-712-0

  • Lengua 2 "Salta a la vista" Ed. ANAYA 2008

Cuaderno 1- ISBN: 978-84-667-5518-4 Cuaderno 2- ISBN: 978-84-667-5519-1 Cuaderno 3- ISBN: 978-84-667-5520-7

  • Matemáticas 2 Proyecto "La casa del saber" Ed. Santillana. 2007. ISBN: 978-84-294-3821-5
  • Inglés FIND OUT 2, PUPIL BOOK + ACTIVITY BOOK, Dona Shaw. Ed. MACMILLAN

 

INICIO DE CURSO 2010/2011

 

 INICIO DE CURSO 2010/2011      De acordo co previsto no calendario aprobado pola Consellería de Educación, a actividade escolar comezará o vindeiro VENRES 10 DE SETEMBRO

    O horario para ese día será de 10:00 h. a 12:00 h.

 

MARTIÑO

EN RAÑÓ TAMÉN ESTAMOS APRENDENDO SOBRE RIANXO E, Ó IGUAL COS NOSOS COMPAÑEIROS DOUTRAS ESCOLAS DO C.R.A., COMEZAMOS O NOSO CADERNIÑO CUN POEMA MOI BONITO DO LIBRO "Os amigos de Martiño" DE XESÚS SANTOS.

DESPOIS DE LER O POEMA PENSAMOS QUE MARTIÑO É UN NENO QUE DEBE VIVIR EN RIANXO OU NUN LUGAR MOI PARECIDO, PERO A NÓS GÚSTANOS MÁIS PENSAR QUE É DE RIANXO.E ASÍ É COMO O IMAXINAMOS:

 

 

 MARTIÑO NADANDO NA PRAIA DAS CUNCHAS MARTIÑO VENDO UN PARTIDO DE FÚTBOL

   
 MARTIÑO NO AUTOBÚS DA SÚA ESCOLA  MARTIÑO VENDO UN PARTIDO DE BALONCESTO.

   
 MARTIÑO PASEANDO POLA CARBALLEIRA DA ALDEA  MARTIÑO XOGANDO NA PRAIA DAS CUNCHAS

   
              A ALDEA DE MARTIÑO                      A ALDEA DE MARTIÑO

   
                  A ALDEA DE MARTIÑO                     A ALDEA DE MARTIÑO

   
                   A ALDEA DE MARTIÑO                        A ALDEA DE MARTIÑO

 

Distribuir contido