Contas e Orzamento do centro

Contas ano 2016

O 24 de xaneiro de 2017 o director do centro presentou as contas do centro que se poden consultar no arquivo anexo.

 

Contas ano 2014

O martes 27 de xaneiro o Consello Escolar do Centro avaliou as contas do C.R.A. de Rianxo, correspondentes ao ano 2014.

Nos arquivos anexos pódese consultar a conta presentada, e remitida á Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

Conta presentada ao Consello Escolar

Informe qua acompaña a conta 2015

ORZAMENTOS 2014

O consello escolar do centro na súa reunión de 25 de marzo de 2014 e previo estudio da comisión económica aprobou o proxecto de orzamento para o ano 2014 e do que a continuación se dá conta.

PREVISIÓN DE INGRESOS: 24.118,01 euros.

 Realízase a proposta de ingresos en base ás seguintes previsións:

  1. Dotacións procedentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 16.665 euros que corresponden 8.450,16 euros a gastos de funcionamento, 8.214,84 a indemnizacións por itinerancias. Esta partida pódese incrementar coas aportacións da Secretraría Xeral de Política Lingüística e coas aportacións correspondentes á participación do Centro no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares..

  2. Procedentes doutros organismos públicos: neste apartado prevese a aportación do concello de 1600 euros que ten como finalidade axudar a sufragar os gastos de desprazamento do alumnado do centro dentro do Concello (saidas ao Polideportivo, Aula de Música e Biblioteca, Auditorio de Rianxo) Nesta mesma partida prevese e a aportación de 487,50 euros do FOGGA, dentro do programa de distribución de froita nas escolas. Na actualidade existe a posibilidade de que a aportación do FOGGA se amplie.

  3. Legados e doazóns, non se prevé

  4. Convenios, non se prevé

  5. Alleamento de bens mobles, non se prevé

  6. Prestación de servizos: Aportacións da familias para a realización de actividades complementarias, (5.350euros) neste apartado o centro prevé que as familias con dificultades económicas graves queden exentas. 350 euros adicaranse a financiar a edición dos calendarios escolares

  7. Uso de instalacíons, non se prevé

  8. Remanente da anualidade de 2013: 15,94 euros

  9. Venda fotocopias e uso de tfno., non se prevé

  10. Achegas para comedor escolar, non se prevé

  11. Xuros da conta; -0,43

  12. Calquera outro ingreso autorizado, non se prevé.

 

PREVISIÓN DE GASTOS: 24.118,01 EUROS

  1. Arrendamentos, non se prevé

  2. Reparación e mantemento de edificios, maquinaria, mobiliario, equipos informáticos 250 euros repartidos según se indica no cadro adxuntos

  3. Material de oficina 200 euros

  4. Sumnistración a aulas e especialistas 4.793,17 euros. Dentro desta partida incluese a asignación a aulas e departamentos para o ano 2014 e a asignación aos departamento pendente de 2013, en total 4.205,67 euro. Os criterios de reparto desta asignación serán os utilizados en anualidades anteriores: asignación fixa a especialidades, e asignación variable as aulas (esta asignación variable está constitiuda por unha cantidade fixa por aula e unha cantidade variable por numero de alumnos) tamén será variable a asignación ás áreas de Relixión e Atención Educativa en función do número de alumnos/as. Nesta partida inclúense ademáis o gasto pola distrubución de froita con cargo ao programa financiado polo FOGGA en total 487,50 euros. Tamén se inclue a asignación ao programa de Normalización Lingüística por importe de 100 euros. En canto a programa de Formación das Familias, prevese que as actividades de formación do profesorado que organice o centro sexan abertas ás familia, polo que a asignación para formación das familias irá con cargo ao Plan de Formación específico do profesorado.

  5. Comunicacións 1.800 euros, corresponde a previsión para atender os gastos derivados da telefonía e da correspondencia postal

  6. Transporte dentro dos Plan de Actividades complementarias 6.850 euros. Dentro desta partida que pode variar en función das actividades que se organicen, o centro preve a cantidade de 250 euros para atrender os gastos do alumnado con dificultades económicas

  7. Outras empresas, mantemento fotocopiadora 700 euros

  8. Primas de seguros, non se prevé

  9. Tributos, non se prevé

  10. Axudas a custo e locomoción correspondentes ás itinerancias do profesorado, 8214,84 euros

  11. Gastos diversos que incluen: Publicacións 810 euros (Revista escolar, 460 euros e 350 euros para a edición dos calendarios escolares

  12. Mobiliario e utensilios inventarables, non se prevé

  13. Outros materiais inventariables. Adquisición de fondos para a biblioteca do centro 400 euros, que se engadirán a axuda que corresponda por continuar no PMB

  14. Comedores escolares, non se prevé.

PROXECTO DE ORZAMENTO EN FORMATO DE TÁBOA REMITIDO Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Distribuir contido