DANIEL TRÁENOS MILLO!

O 5 de novembro, os nenos e nenas de Quintáns, visitamos a biblioteca do noso amigo Daniel, xa que nos invitou cunha carta tan suculenta, que non podíamos desprezar a invitación de ningunha maneira. Prometíanos bonitas lendas de México, música e moito moito millo! Así foi! O profe Tobías leunos un contiño de México e algunhas das nosas mamás e avoas acompañáronnos para contarnos todo o que saben do millo e o seu cultivo!

Tamén o profe Rubén nos deixou tocar os instrumentos, e bailamos e cantamos ó ritmo de Migallas e o seu "Pan de millo". Podédesnos ver neste vídeo cantando e bailando contentiños como espigas en fror!

Foi un día emocionantísimo!

Agardamos que Daniel nos traia pronto máis aventuras así.