"O CURIOSO INCIDENTE DO CAN..."

Comeza unha nova etapa do club de lectura "Frores do meu amigo". A primeira xuntanza, realizada na escola de O Pazo, desenvolveuse engalanada polos contos da vida, o xogo dos meniños, dous saborosos biscoitos e a escolla do primeiro libro obxecto da lectura compartida

O libro

"O curioso incidente do can á media noite" Pulp Books. (Rústica,2013)

"El curioso incidente del perro a medianoche".Salamandra (Bolsillo)

"O curioso incidente do can á media noite". Rinoceronte (2008)

Christopher John Francis Boone ten quince anos. Sábese todos os países do mundo e as súas capitais. E todos os números primos ata o 7.507.
Pero non comprende as expresións humanas. E non gosta de que lle toquen.
Unha noite Christopher atopa a Wellington morto
.

O autor

Mark Haddon naceu en 1962 en Inglaterra. É lustrador, pintor, poeta, profesor de escritura creativa e guionista de televisión. Traballou tamén con nenos con dificultades físicas e psíquicas. No ano 2003 decicidiu escribir unha mesma novela en dous formatos: infantil e adulto. O resultado é "O curioso incidente do can á media noite", que acadou grande recoñecemento internacional

 

A primeira sesión do club

 

Enviado por convidada o Sáb, 2013-12-14 18:33.

A primeira sesión do Club de Lectura "Frores do meu amigo" deste curso propón El curioso incidente del perro de medianoche, de Mark Haddon (tamén existe edición en galego). É un libro que captura desde a primeira páxina pola súa honestidade, aparente sinxeleza e eficaz estrutura. Está cheo de revelacións que caen polo libro adiante como quen non quere a cousa e ameazan con quedarse para sempre.  Ocórrense moitas razóns para o seu éxito, para os premios e edicións por todo o mundo,  pero o que eu máis agradezo é  a amabilidade coa que me desmonta prexuízos e me fai ser máis lista.

 Aínda queda bastante tempo para a próxima sesión. Se alguén se anima a lelo e non o ten, que pregunte na súa escola. Andan varios exemplares rulando por aquí. 

 Parabéns e grazas a quen escolleu esta lectura.  

 Teresa. Mamá de Dália