BALEADAS

O MARTES 30, A PARTIR DAS 12:30, O CRA DE RIANXO ASISTIRÁ, NO AUDITORIO MUNICIPAL, Á REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO "BALEADAS", UNHA PEZA ESCÉNICA CON DANZA, POESÍA E ANIMACIÓN AUDIOVISUAL CONSTRUÍDA EN DIRECTO POLA COMPAÑÍA "TRASPEDIANTE".

PARABÉNS, TODO UN LUXO!

Todo un luxo de espectáculo!

Que unhas liñas saídas dun programa informático, no medio do aleilar das baleas,  inviten cos seus movementos de ondas de sal, a sentir a vibración das augas, o latexo do mar, a flexibilidade do corpo, tirando do recordo, lembrándonos que un día fomos "baleas", celebrando a festa do movemento expresivo,  nunha mímese perfecta coas orixes, libres, sen barreiras, escoitando as voces dos nenos e das nenas que berraban : entra!, atrévete a entrar!, é algo que emociona e que na miña opinión, prestixia e ennobrece a quen une de tal maneira tecnoloxía e expresión corporal nun espectáculo visual poético fermosísimo, cheo de plasticidade e cargado de simbolismo. "Somos palabra pero a palabra está no corpo", corpo, corpo, corpo.... incitándonos a pescudar as posibilidades expresivas que atesouramos sen sabelo sequera: flexibilidade sí, pero tamén crispación, rabia, alegría, xogo..., todo o que nos constitúe como seres humanos.

Esa balea que sae da pantalla e que se fai máis grande na viaxe que emprende polo mar do Auditorio, e pola nosa imaxinaciòn, seguida por centos de olliños entre curiosos, asustados e divertidos  que nos suxire, nunha das escenas finais, xa pequeniña,  que no noso interior, acochadiña, habita a balea e que xa vai sendo hora de poñerlle o espertador para que tire do noso movemento expresivo, para sentir o pracer de vivirmos no noso corpo en plenitude.

Bravo, bravísimo!. Todo un disfrute.

Se me permitides unha suxerencia : unha voz que narre ese texto tan poético que moitos dos nenos e nenas destas idades non son quen de ler.

Bicos, e seguide acercando ao alumnado e ao profesorado a espectáculos tan marabillosos.

                      María

AS CAMISETAS VERDES VAN AO TEATRO

Ás nosas camisetas verdes encantaralles o teatro, seguro. Xa sabedes que o que lles mola é ir á escola todos os venres, e non perderse ningunha excursión ou saída.

Que non queden lamentándose dentro do armario.

A pasalo ben, coas baleas!