O SOLDADIÑO DE CHUMBO

     Como sabedes, o pasado xoves fomos ao teatro a Santiago. Previamente, traballáramos o conto na escola . A versión que nos ofreceu a compañía catalana SIM SALABÍN foi a través do que se chama "teatro negro" : diante dun escenario negro os actores vestidos totalmente de negro de pes a cabeza, polo que non se ven, manexan grandes bonecos que por medio dunhas luces fluorescentes adquiren unhas cores moi intensas e parecen cobrar vida propia. É unha posta en escea que resulta verdadeiramente espectacular e chea de maxia. As cancións que se suceden ao longo da obra estiveron acompañadas en directo polo guionista que tocaba o acordeón.

     Ao final houbo un coloquio no cal os nenos e nenas podían preguntar calquera cousa do seu interés e os actores respondían e descubrían os trucos dos que se valían para a posta en escea.

     Penso que disfrutaron moito e ademáis sorprendéronse  polo inusual do espectáculo.

     Como ben sabedes non asistiron nin Jorge nin Anxo polo que, pensando neles, tratei de sacar unha secuencia de fotos que captaran a unidade da obra e ao día seguinte vímolas na escola o que lles permitiu entender non só a versión do conto senón tamén que era iso do teatro negro.

     Velaí algunha secuencia acompañada dos seus debuxos.

     
     
     

     

OLA AMIGOS DE CUVIDE, QUE

OLA AMIGOS DE CUVIDE, QUE DEBUXOS TAN BONITOS DO SOLDADIÑO DE CHUMBO FIXESTES! Andrea, Silvia, Cesar, e todos os nenos e nenas de 3 anos de CruceiroGuiño

O  TEATRO  E OS VOSOS

O  TEATRO  E OS VOSOS DEBUXOS GUSTARONNOS MOITO  E AGORA  SEMPRE FACEMOS TEATRO.Tania e os  nenos do Cruceiro