A PEDRA ENCANTADA

Preto da aldea de Carballal, no Araño, alá onde o río Te toma o nome de río Grande, hai unha pedra encantada.

 Veunolo contar Isabel, a mamá de Eva, e a ela contáronllo os seus avós cando era unha meniña.

 A pedra ten uns buraquiños na súa superficie nos que, segundo din, unha galiña puxo uns ovos de ouro. Nos tempos de antes, a pedra e a galiña dábanlle moito medo á xente. Sobre todo á xente que tiña que moer no muíño do río toda a noite. Dis que vían cousas estranas !

 Tamén Isabel papou moito medo unha tardiña na que foi lavar unhas prendas ó río. Tiña doce anos. E cando estaba alí cerca da pedra... viu a galiña!!. Talmente era a galiña máxica, coas súas plumas amarelas. Chegou correndo a casa, co medo no corpo !

 Só se puido tranquilizar cando lle contaron que a unha veciña enfermáralle unha galiña e a deixara ceiba pola beira do río.

 Todos nos queremos ir á casa de Eva para que a súa nai nos ensine a pedra encantada e quizais poidamos ver algunha galiña !

Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol

SOPBRE A "PEDRA ENCANTADA"

GUSTOUME MOITO A HISTORIA DA PEDRA ENCANTADA.CHRISTIAN (PAZO)Forrado

A  MIN  TAMEN  ME  GUSTARIA   COÑOCER  ESE  RIO.Boca selladaPAULA(PAZO)

EU TAMEN QUERERIA ESCOITAR   A    ISABEL.InocenteGABRIEL(PAZO)

GRAZAS

GRAZAS NENOS DO PAZO. UN BICO   MOI GRANDE ATA QUE N OS    VEXAMOS.Tania e os nenos do CRUCEIRO.

OLA AMIGOS

GUSTOUNOS MOITO A HISTORIA QUE NOS CONTOU ISABEL, GRAZAS POR COMPARTILA CON NOS, AMIGOS Guiño

QUEN SODES?

QUEN SODES?

EU SON LAURA E  VOS MANDO COS MEUS COMPAÑEIROS UNHA CARTA E UN BICO DENDE A ESCOLA DE CRUCEIRO.

SOMOS SILVIA, RUBEN, AITOR,

SOMOS SILVIA, RUBEN, AITOR, JORGE, CESAR, PATI, ANDREA, SELENIA, BORJA e PAULA

SECRETO

EU XA SABIA QUE ERADES VOS  PERO ERA 1 SECRETO.Joel

UN BICO PARA TODOS VOS DENDE A NOSA AULA ATA A VOSA AULA. Todos nos.