Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de susana

DE SÍSAMO A RIVER CUP HAI SO UN PASIÑO

Amaneceu unha maña fría, pero sabíamos que o sol nos acompañaría, así que  ben cediño nos xuntamos tódolos nenos e nenas de Sísamo e Cances no campo e golf o Golpe e alí nos agardaba un día cheo de novas emocións e aventuras.Misturaronnos a todos e todas, formamos pequenos grupos e a explorar!!!

Fixemos un sendeiro ornitolóxico no que vimos unha chea de pombas, perdices, faisáns, gorrións, pavos reais (un ata andaba solto, paseando a súas anchas), cisnes, patos, ocas e ata lles estivemos dando de comer, gustaballes o pan casi tanto coma a nós.Vimos mais animias como galiñas, coellos, un galo e as tartarugas como andaban a ivernar nos as puidemos ver.

Xogamos o padel, (algúns somos o relevo de Nadal), o fútbol e tamén nos lanzamos dende a Tirolina!!! Foi moi divertido, primeiro puxemos o arnés e o casco e logo a voaaarrrr, que ben o pasamos!! Gustounos tanto que ata repetimos!Tamén fixemos unha senda botánica na que vimos moitas arbores e os seus froitos.

Despois de tanta emocións repuxemos forzas merendando na terraza o sol, uuummmhh que ben se estaba!!O que non sabíamos que ainda faltaba o mellor……o campo de golf e o tiro con arco agradábamos. No golf prácticamos tanto a tirar en campo aberto como no mini-golf e de aquí a Rider Cup hai só un pasiño.

Fixemos unha morea de fotos, as podedes na Galeria.

Imaxe de susana

Castañas do noso magosto e as ricas froitas do outono.

 

 

Dende a época dos celtas celebramos na nosa  terra a festa do Magosto na honra da castaña, ese rico alimento que dende época antergas alimentounos xeración tras xeración.Este ano para acompañala na súa festa invitamos tamén a outras froitas do outono, e alí estiveron: as peras, as granadas, as uvas, as mazás, as laranxas, as mandarinas, os limóns, as noces e as améndoas.Como o tempo amenzaba con choiva celebramos a festa en San Cristovo e alí se colocaron as tendas adicadas a cada froita que se foron enchendo pouco a pouco con doces elaborados polas familias, as que dende aquí lle enviamos a todas e cada unha as gracias, porque fixeron postres ricos non, o seguinte: riquisimos!E no resto do local estableceronse os xogos: a rá, o contacontos, as coroas da señora castaña, as carreiras de castañas, a petanca, a culler coa castaña e a castaña desaparecida. Cada xogo estaba asociado a unha froita e cada neno conseguia un punto, que o gardaba na carteiña que fixera días antes no cole.O rematar tódolos xogos e coa carteiriña chea de puntos, chegou o momento de recuperar forzas enchendo o bandullo, e cada un foi cambiando os puntos na tenda correspondente e enchendo a súa bandexa de verdadeiros manxares.

Como non, tamén houbo castañas asadas!! Que estaban quentiñas e riquisimas!!!

Todos e todas pasamos un día moi doce.

Imaxe de susana

Os "Bocadiños de mandarina"

Este ano no Magosto ademais de celebrar a Festa da Castaña celebramos a Festa das Froitas do Outono, a nosa Escola fomos os cítricos e por un día convertemos en pasteleiros e pasteleiras pois entre tódolos nenos e nenas elaboramos un doce que chamamos "Bocadiños de mandarina" que nos saiu de bo, uuuummmhhhh!!!

Aqui podedes ver o resultado final dos nenos e nenas de 3 e 4 anos.

E aqui estamos os nenos e nenas de 5 anos e de Primaria cos "Bocadiños de mandarina".

Imaxe de susana

Un paseo por Sísamo no Outono

Coa chegada do Outono producense unha morea de cambios na paisaxe que nos rodea, unha maña na que o sol lucía fermoso saimos da Escola, tódolos nenos e nenas na compaña dos profes, para dar un paseo por Sísamo e observar mais de preto eses cambios.

Así, vimos como as árbores lles cambian de cor as follas e xa non todas son verdes, senón que hainas tamén amarelas e marróns. E tamén vimos como caían as follas! Descubrimos setas ben agochadiñas debaixo de follas caidas. Ulimos moitas prantas como o romero, a menta, etc., houbo unha que nos gustou moito e foi a do anís, cheiraba moi doce! Vimos como algúns campos estaban pintados de amarelo polo millo.

Miramos o ceo e vimos voar a moitos paxaros xuntos, os profes contaronnos que ían de viaxe cara o Sur  buscando de novo o verán, mira que son listos os paxaros!

De volta a Escola paramos a facer esta fotiño de lembraza do noso por Sísamo en Outono.

  

Imaxe de susana

Infantil 3 - 4 anos curso 2009/10

Nesta aula estamos nenos e nenas que xa coñeciamos o cole do ano pasado; así que abrimos grande, moi grande os nosos brazos para acoller os nosos compañeiros e compañeiras novas.

De pé estamos: Jose, Lucy, Andrea, Bea, Johanna, Jorge, Laura e Dani; e sentados: Susana, Jesús, Sara, Claudia, Elisa, Joel e Julia.

Distribuir contido


by Dr. Radut