Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Un paseo por Sísamo no Outono

Imaxe de susana

Coa chegada do Outono producense unha morea de cambios na paisaxe que nos rodea, unha maña na que o sol lucía fermoso saimos da Escola, tódolos nenos e nenas na compaña dos profes, para dar un paseo por Sísamo e observar mais de preto eses cambios.

Así, vimos como as árbores lles cambian de cor as follas e xa non todas son verdes, senón que hainas tamén amarelas e marróns. E tamén vimos como caían as follas! Descubrimos setas ben agochadiñas debaixo de follas caidas. Ulimos moitas prantas como o romero, a menta, etc., houbo unha que nos gustou moito e foi a do anís, cheiraba moi doce! Vimos como algúns campos estaban pintados de amarelo polo millo.

Miramos o ceo e vimos voar a moitos paxaros xuntos, os profes contaronnos que ían de viaxe cara o Sur  buscando de novo o verán, mira que son listos os paxaros!

De volta a Escola paramos a facer esta fotiño de lembraza do noso por Sísamo en Outono.

  



page | by Dr. Radut