Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Mirón

Imaxe de Jacqueline

LIBRO SOBRE OS VEHÍCULOS

Ola a todos e todas!

Xa hai unhas semanas que comezamos un proxecto novo na aula. Esta vez, como sabedes, estamos a investigar sobre os Dragóns. Pero antes de comezar este novo proxecto, estivemos aprendendo cousas sobre os vehículos. Toda a información recopilada forma parte agora dun libro que podemos consultar sempre que queiramos na nosa biblioteca de aula. Déixovos o libro adxunto por se queredes botarlle unha ollada.

Imaxe de Jacqueline

VISITA DA POLICÍA

Esta semana tivemos unha visita na aula que lles fixo moita ilusión as pequenos e pequenas, pois veu a Policía Local a contarnos como desenvolven o seu traballo e darnos consellos sobre seguridade vial como usar casco e chaleco reflectante, respectar os semáforos e sinais de tráfico, usar o cinturón no coche... 

E aínda que ese día chovía tivemos sorte, pois parou un pouquiño e aproveitamos para saír ao patio a ver o coche da policía. Foi moi emocionante escoitar a alarma, falar polo altavoz, ver as luces...

  

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS

Parabéns aos nenos e nenas que cumpriron nos meses de marzo e abril!

Alexia, 4 aniños; Xoel, 6 e Mara 5! 

Imaxe de MaríaLopez

Día emocionante 2019

Antes do comezo das vacacións celebramos o Día Emocionante. Un día adicado á convivencia entre escolas do CRA que comparten centro de adscrición, posibilitando que os nenos que vaian compartir centro en Primaria se coñezan e creen vínculos de relación nun entorno agradable, creativo e sobre todo moi divertido.

Aquí vos amosamos como as nenas e nenos de Mirón e Rega disfrutaron dunha mañá no que disfrutaron dun taller de exploración da Luz, unha merenda saudable, un recreo en convivencia e unha instalación de xogo.

                  

 

                                           

 

             

 

         

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón de diferentes tamaños e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, catalexos, fixeron torres, unha cidade,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut