Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de Jacqueline

FELIZ VERÁN!

Deséxovos unhas moi felices vacacións.

Vémonos á volta!!

Imaxe de Jacqueline

VÍDEO DE DESPEDIDA DO CURSO

Como sempre, gustaríame despedir este curso cun vídeo no que tratei de recopilar algúns dos momentos que vivimos ao longo do ano. Foi un curso fantástico, no que vivimos experiencias únicas.

Para min esta etapa é extraordinaria e grazas a eses pequechos e pequechas, sempre cheos de ilusión, a vida é moito máis bonita. É marabilloso decatarse de todas as cousas que, case sen darnos conta, podemos aprender deles. Grazas por todo!

Agardo que vos guste.

https://youtu.be/5DWqmsAaAao

 

Imaxe de Jacqueline

ATA SEMPRE!!

Aínda que non o pareza, o curso pasou case sen darnos conta. Estivemos tan entretidos que, de súpeto, chegamos ao final. Tristemente, tócanos despedir a Julia e Xoel, os máis maiores do cole, que xa remataron a súa etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán unha nova aventura no CEIP Fogar.

Sempre vos recordaremos con moito agarimo. Espero que vós tamén gardedes un bonito recordo desta etapa educativa tan única e especial.

Desexámosvos moita sorte

Unha aperta moi forte!!

Ata sempre...

 

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS VERÁN

Nesta última semana de cole celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpren en verán: Vera, Julia e Yago. Ademais, tivemos moita sorte porque os protagonistas do día agasalláronnos cuns bizcochos e galletas deliciosos!! Moitas grazas!

Parabéns!!!

Imaxe de MaríaLopez

Paseo polo Río Anllóns

"Indo para o Río de Anllóns,

todo é de mal camiño estaba a filla de Paco 

metida nun furadiño" ( Canción popular, modificada para o día)

A semana pasada fixemos unha pequena saída ao Río Anllóns. Desfrutamos vendo o recorrer do Río, comemos Xamón con Pan, xogamos no Parque e voltamos á escola de Mirón para resguardarnos da  forte calor. 

                                         

                                               

Distribuir contido


by Dr. Radut