Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de Jacqueline

2º TRIMESTRE

Ola a todos e todas!

Xa fai unhas semaniñas que comezamos este segundo trimestre, pero aínda non vos amosamos algunhas das novidades que tiveron lugar. Para comezar, á volta de Nadal tiñamos uns agasallos na aula agardando por nós. Ese día Mara era a encargada, polo que lle tocou a ela abrilos e descubrir o que había dentro con moita expectación. Tivemos moita sorte, pois eran uns agasallos moi especiais e diferentes ao que coñecemos. Por unha banda, un arco da vella de cores (arco da vella de Waldorf) co que podemos xogar a inventar centos de historias diferentes coa nosa imaxinación e, por outra, a caixa de cores nº3 de María Montessori coa que podemos aprender a diferenciar diferentes gamas de cores.

 

Tamén comezamos un novo proxecto, pois o proxecto sobre os osos xa o dimos por rematado no trimestre pasado. Nesta ocasión e tras unha intensa votación con diferentes temas (como os dinosaurios, os zapatos, as cartas, os animais da granxa, os dragóns...) saíu gañador o tema dos vehículos. Pronto vos amosaremos cousiñas.

Así mesmo, estamos a realizar diferentes actividades plásticas sobre o inverno que vos iremos mostrando pouco a pouco. Nunha das actividades, que nos resultou moi divertida, tiñamos que soprar a través dunha palliña para conseguir que as gotiñas de acuarelas baixasen polo papel como se fosen gotas de chuvia. Foi moi divertido!! Posteriormente, fixémonos unha foto cun paraugas e unha vez montado o noso cuadro, puxémoslle un marco con material de refugallo (papeis de revista). Quedou moi chulo. Este é o resultado! 

 

Pronto vos amosaremos máis novidades!

Un bico!!

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

Neste primeiro trimestre que xa rematou celebramos os últimos aniversarios dos meses de novembro e decembro. Cumpriron anos Manuel e Martina (4 anos xa!), Dani (3 aniños), Ignacio (4 anos!) e Ángel (3 anos). Celebrámolo con moita ilusión, sobre todo os protagonistas do día.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos peques.

 

Imaxe de AnaFernandez

XOGANDO CO MONSTRO DAS CORES

 

En educación física fixemos xogos co monstro das cores aproveitando que despois íamos ao teatro a velo. Bailamos con teas de cores, cantamos a canción do monstro, xogamos ás estatuas,... o pasamos xenial!!

Imaxe de Jacqueline

SAMAÍN

O martes 30 de outubro celebramos o Samaín na aula. Por iso, os nenos e nenas que así o desexaron viñeron disfrazados ao cole. Mirade que guapos estaban cos estes disfraces tan terroríficooooossss!!

 

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIO MATEO

No mes de outubro que xa rematou tamén celebramos o aniversario de Mateo, que cumpriu 3 aniños. Para celebralo con nós, invitounos a un biscoito de chocolate moi rico!! 

Como era o seu día, Mateo decorou a súa coroa, soprou as velas e cantámoslle diferentes cancións de aniversario.

Aquí o tedes!

Distribuir contido


by Dr. Radut