Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

HORARIO DE VERÁN

Imaxe de teresa

FIN DE CURSO 22/23

 

“Todas as persoas utilizamos elementos, obxectos, ... que noutrora foron soñados por alguén”

Dun comentario coma este, podemos pensar que todas/os somos usuarios dos soños doutra persoa que, gracias ao seu esforzo, talento e constancia, lle deu forma e chegou a facelo realidade.

A formación deste CRA foi o soño dun grupo de mestras, no que se atopaba Isabel, mestra de Sísamo, á que hoxe lle dedicamos a nosa particular homenaxe.

É importante destacar o teu labor educativo durante os 32 anos a prol da escola rural; sendo Carballo, concretamente, o lugar onde decidiches desenvolver a túa carreira profesional e onde varias xeracións de nenas e nenos creceron contigo.

Agradecerche as túas achegas, experiencias e consellos en calquera situación que se che pide. A ilusión, o ánimo e a seguridade que nos transmites nas iniciativas que se che propoñen.

Gracias por formar parte das nosas vidas.

Aquí queda a túa casa, á que sempre serás benvida!

 

Imaxe de teresa

Libros texto 23/24

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

 

 

DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

Con esta actividade conxunta queremos visibilizar e difundir a imaxe positiva das linguas de signos e, por tanto, das persoas xordas e xordocegas, converténdoa nunha ferramenta imprescindible para a construción de igualdade, solidariedade e xustiza.

O lema deste ano é:

"Lingua de signos para unha vida plena"

Desde o CRA Ponte da Pedra queremos desexarvos un feliz día da Lingua de Signos.

As nenas e nenos do CRA signaron a fermosa canción "Fronteiras" de Guadi Galego, quen tamén participou no vídeo e agradecémoslle a súa colaboración.

 

Imaxe de teresa

Fondo solidario libros

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023(DOG do 19 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria(...) para o curso 23/24.

As familias que desexen solicitar ditas axudas deben cubrir o procedemento ED330B ou o impresos de solicitude (ANEXOS I e ANEXO II).

Prazo de presentación: A presentación de instancias será ata o 21 de xuño do 2023 (inclusive).

Horario de secretaría:

LUNS: de 16:00 a 17:30.

LUNS A VENRES: de 12:30 a 14:00.

Para solicitar máis información e presentar a documentación deben obrigatoriamente dirixirse á dirección na sede do CRA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut