Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

AGRADECEMENTO

Moitas gracias á comunidade educativa do CRA Ponte da Pedra pola súa participación, colaboración e entrega neste Antroido.

Asemade, facer extensible o noso agradecemento á Escola do Alprende,que nos acompañaron coa súa música nesta xornada así como ao Concello de Carballo.

Imaxe de teresa

VENRES DE ANTROIDO

ANTROIDO

Este venres 17 de febreiro, todas as escolas do CRA, reunirémonos no mercado municipal para celebrar o Antroido. Abandonaremos a rutina das aulas para afondar e recuperar o Antroido que se facía noutro tempo nas aldeas da comarca, a través das madamitas e dos ghaláns.

Para facer os traxes dos disfraces, contamos coa axuda da Escola do Alprende de Oza, que moi xentilmente nos achegaron información sobre a investigación que fixeron nese eido. Ademais, colaborarán connosco acompañándonos con música tradicional.

Sobre as 10:30/10:45, iniciaremos esta andaina na praza de abastos, nun dos espazos que o Concello de Carballo nos empresta para poder celebrar esta xornada de convivencia. Correremos o Antroido no centro do municipio dándolle un pulo á tradición e cultura do noso Concello e da nosa comarca.

Imaxe de teresa

ESCOLA DE FAMILIAS RESPONSABLES

Imaxe de teresa

DÍA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CRA PONTE DA PEDRA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut