Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Cances

Imaxe de AnaFernandez

COÑECEMOS O NOSO CORPO

Esta semana fixemos moitos xogos para coñecer un pouco mellor o noso corpo, puzzles do corpo e esquelete, composición de caras, imitamos diferentes posturas, pintámonos cos ollos tapados, debuxamos a un compañeiro, construimos siluetas, recorridos soprando, identificamos as partes do corpo...

Imaxe de teresa

TEATRO LIDO

Esta semana, as nenas e nenos das escolas de Cances e Sísamo participaron no XIX Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, dentro das actividades do FIOT e que organiza o concello de Carballo e a asociación cultural Telón e Aparte en colaboración co Grupo Voz.

"A banda do Pichorro" de Cances dramatizaron o conto "A historia da Tartaruga e o Ourizo".

"A Raíña" de Sísamo interpretaron a historia titulada "O convite".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN DE XOGO

Ao chegar a educación física atopámonos con esta instalación de xogo construida con pelotas, tapas e carretes de fio.

A través do xogo libre, exploración, investigación, descubrimento,... construimos unha aprendizaxe autónoma, motivante e moi divertida.

Fixemos diferentes construccións, equilibrios, experimentamos co son,... o pasamos moi ben!!

 

Imaxe de Jesus

Dia Emocionante 2019

O 12 de abril celebramos o Día Emocionante como colofón ao Programa de Educación Responsable.

Un día adicado á convivencia entre escolas do CRA que comparten centro de adscrición, posibilitando que os nenos que vaian compartir centro en Primaria se coñezan e creen vínculos de relación nun entorno agradable, creativo e sobre todo moi divertido.

Aquí vos amosamos como as nenas e nenos de Educación Primaria de Cances, Sísamo e Xoane:

 

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón de diferentes tamaños e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, catalexos, fixeron un barco pirata,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

Distribuir contido


by Dr. Radut