Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Cances

Imaxe de Sandra

ALFREDO BRAÑAS VIAXANDO AO FUTURO: CANCES

"Escribir es agregar un cuarto a la casa de la vida" Adolfo Bioy Casares

Esta cita fainos pensar en :

Que pasaría se non houbese escritores de contos e libros?

Onde poderíamos encontrar historias que ler?

A onde poderíamos viaxar sen lecturas?

Como se reunirían as palabras?

E as letras?

Poderíamos seguir imaxinando aventuras?

A quen lle poderíamos contar historias?...

 

A través desta cita e estas cuestións facemos fincapé na importancia da literatura tanto escrita como oral, a súa relevancia dentro das aulas e nos fogares dos alumnos e alumnas, e por iso se nos ocurre facer partícipe a Alfredo Brañas escritor e ideólogo nado no concello de Carballo.

A maioría dos cativos e cativas da vila pasan cerca da súa escultura nunha das rúas máis concorridas de Carballo, a súa sorpresa foi ver a súa foto na escola:

-Eu toqueino o outro día

-Eu paso por alí moitas veces pero non sei como se chama

-É unha pedra moi fría...

Hoxe a través da figura de Alfredo Brañas, ao cal lle ensinamos a nosa escola e patio, empezamos a facer un percorrido por os conceptos de "aldea", "vila" e "cidade" ( contidos referentes ao currículo de educación Primaria pero que se poden adaptar á Etapa de Infantil dada a súa relevancia vivencial).

Decidimos versionar a "Marionetista" e convertelo en ALfredo Brañas para poder desprazalo e integralo nas nosas aprendizaxes.

 

Ata lle deixamos xogar no noso patio, da gusto ver como os cativos e cativas integran a historia nas súas vivenvias.

 

A partir de agora Alfredo Brañas será un referente na Escola de Cances, sobre todo para traballar contidos referidos ao eido social e natural.

 

 

Representación do bosque de Cances coa fauna e flora traballada na aula.

 

 

"Cidade luminosa" creada para traballar diferencias estructurais de vila e aldea.

 

ALFREDO BRAÑAS seguiremos amosandoche todo o que descubramos.

Asinado: Os nenos e nenas da Escola de Cances.

Imaxe de Sandra

ANDY GOLDSWORTHY EN COLABORACIÓN COA NATUREZA ( PARTE I) ACTIVIDADE CADERNO DE BITÁCORA

 

Xa fai anos atrás Rousseau dixo " Hai un libro aberto sempre para os ollos: a Natureza",

a través desta cita queremos enfatizar na importancia que ten o contacto ca natureza para os cativos e cativas dende idades temperás.

Como ben sabedes as familias neste trimestre empezamos a traballar aspectos relacionados coa natureza a través do noso "Caderno de Bitácora", onde recollemos todas as aprendizaxes que facemos na escola no día a día.

A natureza é algo que nos intriga, fainos pensar, axúdanos a resolver hipóteses, axiliza o gusto polo próximo, sensibiliza os sentidos, chámanos a atención...

Como cita Richar Louv no seu libro "Los últimos niños en el bosque", debemos salvar os nosos fillos do trastorno por Déficit de natureza, con isto fai referencia a importancia do día a día co contacto ca natureza por exemplo: acampar no xardín, andar en bicicleta polo monte, trepar polas árbores, coller insectos, recoller flores , correr entre moreas de follas do outono..., xa que estas cousas son das que están feitos os recordos da infancia.

ALGO DO QUE OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE CANCES ESTÁN TOTALMENTE DE ACORDO

E QUE POR SORTE PODEN FACER MOI AMIUDO CAS SÚAS FAMILIAS

 

Despois de manter varias conversas na aula cos nenos e nenas sobre as cousas que facían na natureza no seu día a día, empezamos a ver varias obras de Andy G. para poder ver outra forma de traballar dun artista que emprega elementos naturais nas súas obras e fai moito fincapé no LAND ART ( termo de Walter de María) que significa arte da natureza.

Algunhas das súas obras visionadas na escola foron:

 

 

Despois de comentar estas obras entre todos e todas comezamos a pensar en como poder representar algo semellante no noso contorno, e empezamos:

 

 

 

A próxima semana seguiremoS facendo e mostrando máis actividades con obxectos da natureza e do Outono tendo como referente ao grande ANDY GOLDSWORTHY.

Imaxe de Sandra

Samaín 2018

SAMAÍN 2018

Este ano as familias participaron coa creación de monstros terroríficos, aí van algunhas fotos dese día na escola.

Grazas pola colaboración!!

 

Imaxe de Sandra

CÁPSULA DO TEMPO

Unha actividade que realizamos a comezos de curso foi "A Cápsula do tempo"

Citando a Charles Chaplin :" O tempo é o millor autor, sempre encontra un final perfecto", nós queremos ser os / as protagonistas do noso tempo e deixar pegada nas actividades que levamos a cabo na escola.

Dita actividade xurdía como resposta , a como traballar o paso do tempo nas nosas vidas durante o tempo que estamos na escola, sendo esta unha boa idea xa levada a cabo por diferentes personaxes ao longo da historia, e cuios inicios desplázannos a antiga Mesopotamia.

O proceso que levamos a cabo foi:

-Falar e describir o que é e pode ser unha Cápsula do Tempo.

-O que queríamos gardar na nosa cápsula: un desexo nun debuxo para ver se a final do curso se cumpliu; o noso número favorito nunha pedra; o que medimos agora para comparalo cando cambiemos de curso; unha foto actual, un xornal ca data do día que escondemos a cápsula; un dente; un xoguete preferido; un cd con cancións que nos gustan...

-Traballamos coa caixa que decoramos a modo de Cápsula, a tavés do conto " Non é unha caixa" de Kalandraka;

-E fixemos medicións das estaturas traballando co libro "Zapato e metro " de Reggio Emilia,

 

O problema xurdía á hora de enterrala ou agochala, tivemos varias variables e hipóteses, pero de seguro que está "a bo recaudo".

 

 

 

 

Imaxe de Sandra

LABREGOS DE CANCES ( Obra de teatro para Radio Voz)

O venres pasado o alumnado de 6º de Educación Infantil e Primaria de Cances fomos a representar unha pequena obra de teatro a Radio Voz, elaborámola  entre todos e todas coa axuda da mestra.

Dita obra foi para participar no XVIII concurso escolar de teatro lido "Xosé Manuel Eirís".

O título da obra acordado por votación foi "LABREGOS DE SEMENTES", a través dela pretendemos poñer nas nosas voces e que se poidan escoitar a través dun medio de comunicación tan importante como é a radio, o noso gran de area para que poidamos coincienciar as persoas que nos escoiten o mundo no que queremos vivir.

Obra:

-Amencía o que parecía un día solleiro na vila de Cances e o galo xa cantaba no galiñeiro

-Bos días Julio que che parece se imos buscar os veciños e veciñas de Cances?

-Si, vamos ata as súas casas;

-Pum , pum, pódese pasar?;

-Quen é?;

-Bos días somos Anxo e Julio de Cances;

-Bos días, pasade, pasade;

-E logo non ides a feira de Carballo que hoxe é domingo?;

-Non hoxe non podemos;

-E logo, por que non podedes?;

-Porque temos que sementar as terras de Cances;

-E logo, que ides sementar?;

-Eu sementarei sementes de respeto, para que haxa ledicia en todos os fogares;

-Eu sementarei sementes de igualdade para todas as persoas da terra;

-Eu sementarei sementes de paz, para que ningunha persoa teña que abandoar os seus fogares e os seus países;

-Eu sementarei sementes de valentía, para facerlle fronte ao medo e poidamos vivir libres;

-E logo, por que ides plantar todo iso?

-Por que queremos que todas as persoas de todas as terras do mundo sexan felices e vivan sen ningún medo.

 

Fixemos varios ensaios na escola antes de ir á radio, aínda así na radio puxémonos un pouco nerviosos e nerviosas, xa que era a primeira vez que estábamos diante dun micrófono real.

Aínda así gustounos moito e volveremos a repetir, xa que foi unha experiencia moi enriquecedora.

Dar as grazas ás familias, por colaborar neste tipo de actividades voluntarias tan enriquecedoras para os cativos e cativas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut