Skip to Content

Blogues

Imaxe de Jacqueline

VOLTA DO NADAL

Ola familias!

Desde a escola de Mirón queremos compartir con vós algunhas imaxes da sorpresa que levamos cando volvimos ao cole despois do Nadal. Papá Noel e os Reis Magos, coa axuda do elfo Finch, deixáronnos un montón de agasallos.

Estamos disfrutando moito destes novos xoguetes.

Moitas grazas!

 

 

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS TERCEIRO TRIMESTRE CURSO 2019-2020

Queremos desexarlles un feliz aniversario a todas as nenas e nenos que cumpriron anos no terceiro trimestre e a aquelas e aqueles que o farán ao longo do verán.

Parabéns!!

Imaxe de Jacqueline

VENRES 19/06/2020

Bos días familias!

Hoxe remata este curso tan particular e estrano que nos tocou vivir. Gustaríame agradecervos a implicación e colaboración que sempre tivestes, tanto no bo como no malo, pois coa vosa axuda todo foi moito máis sinxelo. Non teño outra palabra máis que... GRAZAS.

Para despedir este curso déixovos a proposta final xunto con este vídeo feito polo CRA para todos vós: https://youtu.be/49RhD3i4Rlk

Permanece atentos ao correo electrónico e a abalar porque tamén alí vos agarda algunha sorpresa...

INFINITAS... GRAZAS!

Distribuir contido


by Dr. Radut