Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Infantil, Educación Primaria, Equipos de centro, Act. Complementarias, ENDL, TICs, Proxecto Lector

Imaxe de teresa

Samaín, a historia.


 

SAMAÍN

As nenas e nenos do CRA Ponte da Pedra participaron nun vídeo no que explican a lenda do Samaín.

Agardamos que vos guste...

Feliz Samaín!

 

 

 

 
 
Imaxe de teresa

MANDADIÑOS

MANDADIÑO VENRES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MANDADIÑO XOVES

 

 

 

 

MANDADIÑO DO MÉRCORES

 

 

 

MANDADIÑO DO MARTES

 

 

 

MANDADIÑO DO LUNS

 

 
Imaxe de teresa

LECTURAS VERÁN 2022

Desde o equipo de biblioteca fannos as seguintes suxerencias de lecturas para este verán.

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA E FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas foi Florencio Delgado Gurriarán.

O alumnado coñeceu a súa vida e obra a través dun divertido conto no que Florencio contábanos o mais importante del a través duns prismáticos. Así que puxémonos mans á obra e coa axuda das familias ou na aula elaboramos os nosos propios prismáticos para despois saír a observar a natureza, esa natureza galega que tanto lle gustaba a Florencio.

Observamos un montón de cousas diferentes desde as nosas escolas: árbores, plantas, flores, bichiños, terra, o ceo...

E rematamos esta actividade debuxando o que mais nos gustou de todo o observado. O resultado foron uns cadros fermosos duns grandes artistas.

Nas aulas tamen traballamos un poema de Florencio sobre os maios, titulado "Aí ven o maio". E así aprendimos o que son os maios, como se celebran, con qué se fan... e incluso cantamos algunha canción.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 19 de maio celebramos a festa das Letras Galegas na escola de Cances. Foi unha xornada diferente, divertida, con moitas actividades, música...de convivencia conxunta despois de tanto tempo.

Comezamos a maña realizando diferentes xogos: paracaídas, carreiras de sacos, búsqueda de pezas dun crebacabezas, carreira de mazarocas, trompos, zancos, a ra, os birlos...

 

Construímos entre todas e todos un fermoso maio en homenaxe a Florencio Delgado e colocamos ao seu carón o crebacabezas, unindo todas as pezas atopadas, e ao final era unha imaxe de Florencio. 

 

Merendamos pan de ovo para repoñer forzas e coller enerxía.

E para finalizar a maña gozamos dun concerto divertidísimo do músico Paco Nogueiras, co seu espectáculo "Brinca vai". Non paramos de cantar e bailar, foi unha auténtica festa!!!

 

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACER POSIBLE ESTE FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS E ESTA XORNADA DE CONVIVENCIA TAN NECESARIA!!! 

Imaxe de teresa

SEMANA DO LIBRO

Desde o CRA Ponte da Pedra participamos na semana do libro de Carballo. A temática deste ano era "Carballo é..." Desde o CRA, levamos o tema de Carballo é Terra. Moitas gracias a toda a comidade educativa por participar e facer posible este traballo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut