Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Orientación

Imaxe de MaríaLopez

Derrubamos barreiras. Publicación do libro "Alfabeto Dactilolóxico" elaborado polos nen@s do CRA

      A continuación presentámosvos este pequeniño texto que acompaña á nosa publicación "Alfabeto dactilolóxico" un pequeno libro elaborado durante o desenvolvemento do noso proxecto "Aproximación á LSE, cara unha escola inclusiva", no curso 2023/2024.

         Proximamente esta publicación estará á disposición do noso alumnado na Biblioteca do Centro.

 

"Benvidas e benvidos a esta lectura.

 

Somos as nenas e nenos do Colexio Rural Agrupado (CRA) Ponte da Pedra; o noso cole está formado por sete escolas situadas na contorna rural da vila de Carballo (A Coruña), concretamente nas parroquias de Artes, Cances, Mirón, Rega, Sísamo, Verdillo e Xoane. Dende o noso centro, apostamos por unha escola inclusiva, accesible e diversa e aproveitamos as diferencias como unha oportunidade para o noso enriquecemento. Por iso é unha honra presentarvos esta publicación.

 

A lingua de signos é unha lingua natural de carácter visual, xestual e espacial que conta con todos os requisitos lingüísticos para ser considerada unha lingua propiamente dita. Así o recoñece a Lei 27/2007 do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das personas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, unha das maiores reivindicacións da comunidade xorda.

 

Ademais, sabiades que a lingua de signos non é Universal? Cada país ten a súa e, ás veces, máis dunha; no caso de España, contamos con dúas linguas de signos oficiais: a lingua de signos española (LSE) e a lingua de signos catalana (LSC).

 

Para representar o alfabeto nas linguas de signos, emprégase a dactiloloxía ou deletreo manual. O alfabeto dactilolóxico utilízase, xeralmente, para o deletreo de nomes propios e palabras das cales descoñecemos o seu signo. Ao mergullarvos no libro, ides poder ollar a configuración de cada unha das letras que o conforman. Veredes, nalgunhas delas, unha frecha que nos indica o movemento e dirección que debe seguir a man para a súa correcta representación manual.

 

O obxectivo desta publicación é achegar a lingua de signos á comunidade, coa fin de sensibilizar a mesma con respecto á diversidade lingüística e cultural das persoas xordas e xordocegas. Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.

 

Entre todas derrubamos barreiras"

Imaxe de teresa

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS CURSO 2019 - 2020

Publicado no BOE con data do 27 de xullo:

Extracto de la Resolución de 23 de julio de 2019, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2019-2020

Ditas Becas están dirixidas a alumnado con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

Prazo de solicitudes: ata o 26 de setembro.

 

Imaxe de Jesus

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS CURSO 2018/2019

Publicouse no BOE de 14 de agosto de 2018 

Extracto de la Resolución de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2018-2019

Ditas Becas están dirixidas a alumnado con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

Prazo de solicitudes: ata o 27 de setembro.

Imaxe de Anónimo

Como poñer límites e normas

Imaxe de Anónimo

Teorías da aprendizaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut