Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

TELETRABALLO

Imaxe de Jacqueline

VENRES 19/06/2020

Bos días familias!

Hoxe remata este curso tan particular e estrano que nos tocou vivir. Gustaríame agradecervos a implicación e colaboración que sempre tivestes, tanto no bo como no malo, pois coa vosa axuda todo foi moito máis sinxelo. Non teño outra palabra máis que... GRAZAS.

Para despedir este curso déixovos a proposta final xunto con este vídeo feito polo CRA para todos vós: https://youtu.be/49RhD3i4Rlk

Permanece atentos ao correo electrónico e a abalar porque tamén alí vos agarda algunha sorpresa...

INFINITAS... GRAZAS!

Imaxe de Jacqueline

XOVES 18/06/2020

Bos días!

Adxunto proposta global e libriño de fin d curso.

Un bico!

Imaxe de Jacqueline

MÉRCORES 17/06/2020

Ola familias!

Hoxe proposta global e despedida de Música.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

MARTES 16/06/2020

Bos días!

Adxunto as propostas para hoxe.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

LUNS 15/06/2020

Bos días!

Arrincamos xa a última semana deste curso con actividades que saben a despedida. Ao longo desta semana proporei actividades máis lúdicas e curtas e, ademais, colgareivos cada día unha ou dúas páxinas dun libriño que podedes cubrir os que desexedes gardar un recordo máis deste curso.

Así mesmo, aproveito para comunicarvos que nuns días vos informarei sobre cando poderedes vir á escola a recoller os materais. Probablemente sexa a finais deste mes, pois estou agardando recibir un pedido que aínda non me chegou.

Adxunto actividade global, libriño, Atención Educativa e Relixión.

Graciñas.

Ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut