Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

FELIZ VERÁN!

Deséxovos unhas moi felices vacacións.

Vémonos á volta!!

Imaxe de Jacqueline

VÍDEO DE DESPEDIDA DO CURSO

Como sempre, gustaríame despedir este curso cun vídeo no que tratei de recopilar algúns dos momentos que vivimos ao longo do ano. Foi un curso fantástico, no que vivimos experiencias únicas.

Para min esta etapa é extraordinaria e grazas a eses pequechos e pequechas, sempre cheos de ilusión, a vida é moito máis bonita. É marabilloso decatarse de todas as cousas que, case sen darnos conta, podemos aprender deles. Grazas por todo!

Agardo que vos guste.

https://youtu.be/5DWqmsAaAao

 

Imaxe de Jacqueline

ATA SEMPRE!!

Aínda que non o pareza, o curso pasou case sen darnos conta. Estivemos tan entretidos que, de súpeto, chegamos ao final. Tristemente, tócanos despedir a Julia e Xoel, os máis maiores do cole, que xa remataron a súa etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán unha nova aventura no CEIP Fogar.

Sempre vos recordaremos con moito agarimo. Espero que vós tamén gardedes un bonito recordo desta etapa educativa tan única e especial.

Desexámosvos moita sorte

Unha aperta moi forte!!

Ata sempre...

 

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS VERÁN

Nesta última semana de cole celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpren en verán: Vera, Julia e Yago. Ademais, tivemos moita sorte porque os protagonistas do día agasalláronnos cuns bizcochos e galletas deliciosos!! Moitas grazas!

Parabéns!!!

Imaxe de Jacqueline

PARABÉNS CLAUDIA

Neste mes de maio celebramos o aniversario de Claudia que xa cumpriu 5 aniños e trouxo unha tarta super chula de Minnie que estaba boísima!! Parabéns, Claudia!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut