Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PRIMEIROS DÍAS DE COLE

Imaxe de MaríaLopez

Primeiros días na escola

Aquí tedes un vídeo dos primeiros días na escola.

Para poder ver o vídeo pinchade no enlace.

 

 

https://animoto.com/play/88eZHNSlPrPihiCBVEdViw

Imaxe de Emilia

Comezamos novo curso 2018/2019!

Damos a benvida o novo curso renovados e cheos de enerxía!!

Comezamos...

Imaxe de Jacqueline

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Ola de novo!!

Neste novo curso que comezou xa fixemos moitas cousiñas. Algunhas delas podédelas ver nas seguintes imaxes.

Decoramos a entrada cunhas fotos de benvida de cada un dos nenos/as da aula.

 

Elaboramos un mural con "puntos" creativos despois da lectura do conto "El punto" (Peter H. Reynolds), que fala da importancia de crer nun mismo para lograr cousas fantásticas.

 

Participamos con liberdade creativa na elaboración do noso calendario de aperitivos, que colocamos na aula para saber o que toca cada día.

 

Pensamos entre todos/as e votamos as normas que nos gustaría ter na aula para sentirnos tranquilos e alegres.

 

Grazas a Teresa, profe de Sísamo, descubrimos un novo xogo na aula; pois foi ela quen nos fixo esta táboa tan chula e que nos permite desenvolver a nosa creatividade, así como traballar conceptos diversos como as letras, as formas, os números... Neste xogo podemos trazar diferentes formas empregando gomas elásticas, como vedes na imaxe.

Imaxe de Monica

BENVIDA CURSO 2018/2019

En primeiro lugar quería darvos a benvida ó novo curso e pedir desculpas por tardar en actualizar o blogue.

Pouco a pouco iremos publicando algunha das actividades que facemos co obxectivo de compartir con vos, familias, e cos nenos/as o tempo da escola.

Esperamos que o disfrutedes.

Imaxe de teresa

NON ME PISES QUE LEVO... ZAPATILLAS

 

 

 

CURSO NOVO, EXPERIENCIA NOVA...

Así foi como lle demos a benvida á estrea deste curso, cunha primicia:

o uso das zapatillas na aula.

A finalidade é principalmente crear un clima de tranquilidade, calma e concentración no traballo diario. Asemade, cando entramos do patio, evitamos ensuciar o chan coa area e terra.

Está resultando moi satisfactorio e, case sen darnos conta, introduciuse na rutina de aula de maneira automática.

Así que este ano...

NON ME PISES QUE LEVO...

ZAPATILLAS.

BENVIDO CURSO 2018 - 2019

 

Distribuir contido


by Dr. Radut