Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIO MATEO

Neste mes de outubro tamén festexamos o aniversario de Mateo, que xa ten 4 aniños!

Parabéns!!!

Imaxe de Jacqueline

ALOUMIÑOS

A semana pasada recibimos a visita da Asociación Aloumiños (Asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte). Trouxéronnos un canciño moi dócil, chamado Balú, que causou moita expectación e emoción nos pequenos/as. Foi unha visita moi agradable, non só por Balú, senón tamén por todo o que descubrimos sobre o entrenamento e a incrible aprendizaxe de cans como Balú (guiarnos pola rúa se non vemos ben, traernos cousas se non podemos movernos, facernos compañía e darnos cariño se estamos enfermos...). Pasámolo moi ben!

 

Imaxe de Jacqueline

SAMAÍN

No mes de outubro, como xa sabedes, fixemos diferentes actividades relacionadas co Samaín. Así, decoramos a aula durante este mes con todos estes traballiños tan terroríficosssss!!!

 Bruxas coas fotos de cada un dos nenos/as.

 

Un pouco de todo! (vampiros, morcegos, demos, cabazas, pantasmas). A gusto do consumidor!

 

Creamos o noso propio monstruo de aula con materaiis naturais. Primeiro pensamos en grande grupo como queríamos que fose (número de ollos, brazos, pernas, poderes especiais...) e logo decidimos como se chamaría. O nome elixido foi Sofía.

 

 

Imaxe de Jacqueline

COMEZANDO!!

Benvidos/as de novo un curso máis!

Despois deste primeiro mes de escola, comezo o blog amosándovos algunhas das primeiras actividades que fixemos no pasado mes de setembro.

Incluimos novidades nas rutinas da asemblea (calendario, palaba do día, número protagonista).

 

Comezamos a reciclar o lixo que xeramos na clase (orgánico, inorgánico, papel e cartón). Como vedes, eles mesmos escribiron os carteis.

 

Decoramos o recuncho da cociña cunha ventá que eles mesmos, tras votación, elixiron pintar con estas cores.

 

Imaxe de MaríaLopez

Festa de fin de curso!

Terminamos o curso das escolas de Mirón e Rega facendo unha pequena festa de convivencia onde todas e todos, creemos, o pasaron xenial. 

Aquí tedes unha pequena mostra do último día na escola da Rega.

                   

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut