Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de Jacqueline

MARTES 19/05/2020

Bos días!

As actividades de hoxe son: tarefa global, Educación Física e Inglés.

Tamén vos propoño outra actividade sobre as apertas. Enviádeme as fotos das vosa aperta virtual e enviádellas tamén á persoa á quen vaia dirixida dita aperta.

Ánimo! Grazas.

Imaxe de Jacqueline

LUNS 18/05/2020

Bos días.

Hoxe actividade global con adxuntos para consultar, actividade de Relixión e de Atención Educativa.

Tamén vos deixo outro documento no que vos propoñemos que decoredes a imaxe que máis vos guste de Ricardo Carballo Calero. Podedes facelo ao longo desta semana. Despois, enviade unha foto ao meu correo ou a estoutro e-mail: afaef@edu.xunta.es

Graciñas.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

VENRES 15/05/2020

Bos días!

Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas! Xa que non podemos facelo no cole, propoñémosvos que o fagades na casa. Esperamos que o pasedes xenial e, se vos apetece, sacade fotos e enviádemas!

Ademais, hoxe é 15 de maio, Día das Familias, así que aquí tedes o vídeo que elaboramos coas imaxes que compartistes con nós. Agardamos que vos guste https://youtu.be/FD_BDxrC_xQ

Tamén tedes á vosa disposición unha actividade moi bonita para celebrar o Día das Familias elaborada pola mestra de Rega, María.

Moitas grazas!

Ánimo e forza.

Imaxe de Jacqueline

XOVES 14/05/2020

Bos días!

Hoxe adxúntovos unha proposta sobre as Letras Galegas. Agardo que vos guste e... preparádevos para mañá porque temos unha festiña lista para vós.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

MÉRCORES 13/05/2020

Bos días!

Hoxe: actividade global e actividades de música.

Ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut