Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de isabel

¡AQUÍ ULE A DOCE!

Uuuuuummmmhhh ule que alimenta, ¿por qué sera?

No CRA este curso mercouse un forno co que metimos as  mans na fariña e cambiamos os libros pola balanza, o vaso de medir, os ovos, a manteiga, …. E convertemenos nuns autentic@s  pasteleir@s!

Na clase de 3 e 4 anos fixemos galletas e como estabamos a investigar sobre os animais pois “galletas de animais” que elaboramos; e como non podia ser outro xeito moito mais ricas que as de dinosaurio….

Os nenos e nenas de primaria como son mais grandes fixeron magdalenas, deronlle que lle deron a batidora e sairon riquisimas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo e na galería podedes ver toda a elaboración das nosas receitas.

Imaxe de susana

O ENTROIDO

Don Carnal estivo na escola de Sísamo facendonos disfrutar moito!!

Estivemos investigando sobre o Entroido noutras lugares de Galicia e viaxamos ata  Xinzo de Limia (Ourense) para coñecer as Pantallas e outras tradicións que fan neste pobo polo Entroido, gustounos tanto que fixemos as nosas propias máscaras de Pantalla.

Na páxina do CRA emitiuse un telediario no que uns presentadores moi divertidos nos informaron de que había un meco solto por Carballo que no andaba a enviar “mandados” e así tivemos que ir a escola con algo pintado na cara, con algo no pescozo e con algo na cabeza. Como nos gustou ver o teledario, magoa que xa rematara e emisión…

Tamén houbo unha festa de disfraces no cole con desfile incluido!!! Estabamos todos e todas ben guapos e guapos e non só os alumnos e as profes senón tamén as mamás se disfrazon e nos prepararon unha merenda con chocolate, filloas, rosquillas, orellas….uuummmhh pa´chuparse os dedos.

E como fin de festa do Entroido difrazamos de Choqueiros e fomos o San Cristovo, alí xuntamonos coas outras escolas do CRA e pasamos unha maña inesquecible, porque ademais das nosas actuacións, tivemos unha presentadora chegada de París que se chamaba Bernadet que nos fixo rir e rir e as Cantareiras de Ardepontedapedra foron o nova mais.  

Na galería  deixamos fotiños e aquí vos queda a nosa gran actuación.

 

Imaxe de isabel

DÍA DA PAZ ADICADO A HAITÍ

Este ano o Día da Paz foi un día moi especial, pois o terremoto que sufriu Haití estaba moi presente nos nosos corazón, polo que decidimos aportar o noso gran de area (xa o di o refrán “un grano no hace granero, pero ayuda al compañero”) e colaborar coa reconstrucción de ese país.

Os nenos e nenas descubriron onde estaba Haití, que a pesares de que nos separan moitos km de distancia dende fai uns días a todos nos semella que esta mais preto de nós. Virón que é unha illa, que igual que aquí temos Razo ou Caión para ir a bañarnos no verán alí hai uns praias preciosas, as que tamén lles gustaría ir a bañarse!! Virón fotos de nenos e nenas de Haití e descubriron que eles teñen pel mais oscura que a nosa, pero que son nenos e nenas coma nos, os que tamén lles gusta xogar, rir, estar cos seus pais e nais.Entre todos falamos do que é un terremoto e do que pasa cando hai un, vimos imaxenes de casa derrumbadas, de estradas abertas, de pontes caídas….. que día a día saen no xornáis, buscamos en internet,…sobre Haití.

Para axudar a xente de Haití decidimos convertirnos en pintores, montar unha exposición cos nosos cuadros, polos a venda e doar a Cruz Vermella de Carballo os cartos que recaudasemos.Polo que nos puxemos mans a obra e a pintar, cada un elexiu o seu cuadro e deulle o pincel misturando cores de aquí e de alí, pegando boliñas, pastilina,.... Cando rematamos as nosas obras de arte, montamos a nosa exposición e enviamoslle a papá, mamá, os abós, as aboas…..unha invitación para que viñesen a coñecer a nosa exposición e poder mercar algunha das obras que alí ían atopar.

O venres 29 de Xaneiro as 13:45h abrironse as portas de nosa exposición, tivemos unha gran afluencia de visitantes e levaron todos os cadros!! Dúas nais, que voluntariamente se ofreceron a colaborar, encargaronse de recoller o diñeiro que cada un foi pagando pola obra de arte que mercaba e o resultado final foron 235 euros!! Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.   

Na Galeria podedes ver as hermosas obras de arte que pintamos. 

 

Imaxe de susana

22 DE DECEMBRO FUN FUN FUN

O día 22 de Decembro fixemos o Festival de Nadal, ese día fomos en autobús a Casa da Xuventude de Carballo e alí nos agardaba unha maña chea de sorpresas: celebramos a cea de fin de ano, bailamos o Vals das Mariposas, a Yenka, Navidad Rock e o Tren da Alegría e tamén cantamos o villancico de Jingle Bells coa axuda do profe Bernardo.

Vimos as actuacións das outras escolas e viñeron a visitarnos Papá Noel e os Reis Magos, hai que ledicia e emoción tan grande!!!!! E non viña de baleiro, non, non non….trouxeronons unha chea de regalos para a escola e deronnos chuches!! E nós tamén tiñamos algo para eles: as nosas cartas!!

¡Foi un día que non esqueceremos!

Deixamosvos aquí un enlace para que poidades ver os videos das actuacións, para elo pinchade nesta liña.

Imaxe de isabel

Visita á Biblioteca Municipal de Carballo

O 18 de Decembro papá e mamá non nos levaronnos o cole senón que fomos a Biblioteca Municipal de Carballo, onde nos xuntamos coas nenas e nenos de Cances.Unha vez dentro agardabamos o bibliotecario para contarnos unha morea de cousas como: que necesitamos un carné para levar o contos para a casa, (os nenos e nenas que non o tiñan fixeronllo alí e ¡xa todos somos socios!), que podemos levar a casa os libros moitos días e despois cambia-los por outros, que os temos que coidar moito; e ensinounos os diferentes contos que alí nos podemos atopar: uns de plástico cos que nos podemos meter na bañeira, outros que ademáis de ser un conto son xogos como un puzzle, un quebracabezas, etc., había contos moi pequeniños, outros moi grandes, uns eran moi suaves, outros tiñan unhas lenguetas que o tirar moviase, outros contos que se convertian en castelos, naves espacias, animais...e ademais de contos tamén hai películas que nos podemos levar a casa. Papá e mamá gustounos moito a visita a Biblioteca e estou desexando voltar a ir!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut