Skip to Content

Sísamo

Imaxe de susana

Un paseo por Sísamo no Outono

Coa chegada do Outono producense unha morea de cambios na paisaxe que nos rodea, unha maña na que o sol lucía fermoso saimos da Escola, tódolos nenos e nenas na compaña dos profes, para dar un paseo por Sísamo e observar mais de preto eses cambios.

Así, vimos como as árbores lles cambian de cor as follas e xa non todas son verdes, senón que hainas tamén amarelas e marróns. E tamén vimos como caían as follas! Descubrimos setas ben agochadiñas debaixo de follas caidas. Ulimos moitas prantas como o romero, a menta, etc., houbo unha que nos gustou moito e foi a do anís, cheiraba moi doce! Vimos como algúns campos estaban pintados de amarelo polo millo.

Miramos o ceo e vimos voar a moitos paxaros xuntos, os profes contaronnos que ían de viaxe cara o Sur  buscando de novo o verán, mira que son listos os paxaros!

De volta a Escola paramos a facer esta fotiño de lembraza do noso por Sísamo en Outono.

  

Imaxe de susana

Infantil 3 - 4 anos curso 2009/10

Nesta aula estamos nenos e nenas que xa coñeciamos o cole do ano pasado; así que abrimos grande, moi grande os nosos brazos para acoller os nosos compañeiros e compañeiras novas.

De pé estamos: Jose, Lucy, Andrea, Bea, Johanna, Jorge, Laura e Dani; e sentados: Susana, Jesús, Sara, Claudia, Elisa, Joel e Julia.

Imaxe de susana

Infantil 5 anos curso 2009/10

Este curso somos tantos nenos e nenas en Infantil que temos dúas aulas, ¡qué ben!, ¡cómo medramos!.

Esta é a aula de 5 anos e nela estamos: Mario, Manuel, Lucas, Victor, Alberto, Miguel que somos os que estamos de pé e sentados estamos: Xacobe, Irene, Mara, Alba, Javi, Carmen e Yelco.

 

Imaxe de susana

Primaria curso 2009/10

Empezou o curso 2009/10 e estos somos os compañeiros e compañeiras que estamos na aula de Primaria:Iván, Julia, Alba, Adrián, Sergio, Isabel e Samuel.

 

Xuntos imos pasar un curso moi divertido no que imos aprender unha morea de cousas!

Distribuir contido


by Dr. Radut