Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de Jesus

Traballando na horta de Sísamo

Grazas aos nenos e nenas de Sísamo temos unha pequena hortiña con leitugas, chicharos e incluso flores, que podedes ver no seguinte video.

Imaxe de Anónimo

NORABOA LUCÍA!!

Hai uns días debuxamos con moito esmero ós nosos papás e eses debuxos foron enviados ó CCA de Carballo para participar nun certame con motivo da celebración do día do Pai. E tanto esforzo ó final tivo recompensa... e é que o debuxo de LUCÍA foi un dos que máis lles gustou ó xurado e recibiu un premio, que foi recoller o venres pola tarde. E alí estaban algunhas compañeiras para acompañala. Noraboa Lucía! Tamén foi premiada unha compañeira da escola de Rega e desde aquí enviámoslle os nosos parabéns!

 


Imaxe de Anónimo

DÍA DO PAI EN SÍSAMO

Os nenos e nenas de Sísamo estivemos estes días elaborando un agasallo para entregarlle ós papás o pasado luns, día do Pai, para agradecerlle o moito que nos queren e nos coidan. Pintámoslle unha camiseta estampando as nosas mans e logo preparamos un paquete ben bonito en forma de paiaso para levar as camisetas á casa. CANTO LLE GUSTOU O NOSO AGASALLO ÓS PAPÁS!


Imaxe de Anónimo

A HORTA DE SÍSAMO

Os nenos e nenas da escola de Sísamo comezamos a plantar na horta que temos no patio. Primeiro tivemos que preparar a terra, que estaba toda cuberta de herba e logo empezamos plantando leitugas, que agora temos que regar todos os días! Tamén sementamos en macetas chícharos e acelgas, que logo transplantaremos á horta. COMO NOS GUSTA TRABALLAR NO CAMPO!

Imaxe de Jesus

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

Unha gran actividade o concerto da nosa Orquestra Sinfónica, onde vimo algo nada frecuente, unh virtuosos aproximando a música a nenos e nenas dende 3 anos ata 2 de educación primaria.

Ali, na Orquestra Sinfónica, atopamos con que a voz solista era unha exmestra Carol da escola de Berdillo, a cal segue amosando un bo recordo do noso CRA, e nos dela.

Os nenos e nenas disfrutaron do espectáculo musical, do maravilloso Pazo da Opera, da fervenza da entrada, e dunha xenial xornada de convivencia de todo o CRA con xogos no parque de Santa Margarida.

Distribuir contido


by Dr. Radut