Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de Javier

BOB ESPONJA VISITA A ESCOLA DE SÍSAMO NA FESTA DE FIN DE CURSO

O curso esta chegando o seu fin, con moita magoa para todos e todas, pero como o tempo non o podemos empurrar cara atrás nada mello que unha festa para celebrar o final do curso, oeoeoeoeoeoeo!

Para comezar solta de globos na clase e arriba-arriba todos/as a saltar que os globos non poden tocar o chan!!

Quentados xa os motores, saimos o patio en tres grupos e cada un dos grupos foise para un xogo:

- As sillas, como nos gustaron as sillas cooperativas cando se ían quitando as sillas e nos tiñamos que sentar todo/as sen tocar o chan!!!

- A comer rosquillas!!! Jajajajajajja, semella doado, pero non o é, porque ten truco: non se lle pode votar a man.

- Carreiras de auga: a ver quen enche antes o caldeiro!!

Estabamos todas/os animadas/os xogando, cando recibimos a visita sorpresa de BOB ESPONJA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Si, si como o ledes, nin nos saíamos do noso asombro. Alí en vivo e en directo na escola de Sísamo estaba BOB ESPONJA, o noso gran ídolo, o noso amigo co que pasamos uns ratos tan divertidos,  o que nos ensina a comer “cangreburger”….non o creíamos!!

Pois si era él, estivo un rato xogando con nos e convidounos a unhas chuches, logo vimos marchou estrada arriba, ooohhhh, eso sí deixounos a todos/as co sorriso nos beizos.

O rematar de xogar tomamos a merenda: un bolos de pan con chocolate recen saídos do formo, estaban quentiños e moi, moi ricos.

E como fin de festa tivemos unha loita de globos de auga!!!! A mollarse que toca!!! Foi unha loita en toda regra na que participamos os nenos e nenas, os profes, as mamás, os papás, avós... e acabamos todos/as, todos/as un chisco mollados, ¿a qué si profe Javi?

Foi un día grande de festa, que ningún esqueceremos.

Na galería hai mais fotos deste gran día.

 

Imaxe de Javier

IMOS O TEATRO

O día 10 de Maio fomos de vista o Pazo da Cultura de Carballo, alí vimos unha obra de teatro que se titulaba “As formigas”, gustounos moito, moito!!

Tivemos a actuación extra na obra do profe Pablo e de Luci que tamén se converteron en formigas e foron cantar a Formigalia. Cantos nos fixeron rir.

O rematar a obra vimos os diferentes traballos que os colexios de Carballo fixeron sobre as cidades e tamén puidemos ver as maquetas que as escolas do CRA fixemos para axudar o Rato de Campo a descubrir o mundo.

Podedes ver mais fotos na galería.

 

Imaxe de Javier

DESCUBRINDO AS CIDADES DA CORUÑA E O CAIRO

Este ano o Salón do Libro que se celebra no Pazo da Cultura estaba adicado as cidades, así que decidimos ler unha adaptación do conto “Rato de campo, Rato de cidade” e para nosa sorpresa as diferentes escolas do CRA recibimos unha postal do Rato de Campo, no que nos contaba que estaba nunha cidade e que tiñamos que axudalo a descubrir esa cidade.

Cada escola púxose a investigar sobre a cidade na que o Rato andaba perdido, en Sísamo como temos dous edificios que forman o escola recibimos dúas postais. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos e os de Primaria recibiron unha postal dende a Torre de Hércules da Coruña e os/as nenos/as de 5 anos dende as Pirámides de Exipto.

Como vimos que o Rato andaba perdidiño puxemonos a investigar sobre A Coruña e sobre O Cairo, para poder contarlle así moitas cousas qué facer, qué ver, onde comer…. Co Google Earth viaxamos ata cada unha das cidades e descubrimos  lugares importantes que podía visitar o Rato de Campo como o castelo de San Antón, a Torre de Hércules, a Casa dos Peixes ou a Casa do Home, pasear polo Paseo Maritimo etc., para descubrir a Coruña e no Cairo: as tumbas dos faraóns, as piramides, o Museo de Exipto, etc.

Vimos as bandeiras de cada cidade e coñecemos as linguas que se falan en cada unha das cidades: o galego na Coruña e o árabe no Cairo. O primeiro xa o coñeciamos todos/as, pero o árabe non! Aquí vos ensinamos “hola” -  مرحبا

Tamén investigamos sobre os medios de transporte de cada cidade e descubrimos que na Coruña podemos ir en tranvia e no Cairo en camello! Vimos restaurantes onde repoñer forzas despois de tanto turismo, tendas nas que mercar algún agasallo,…, como vedes aprendemos unha morea de cousas de cada cidade.  

Todo o que íamos  descubrindo o fomos construindo e con elo montamos dúas maquetas, sacamoslle unha foto (a que vedes aquí arriba) e llas enviamos o Rato de Campo, en resposta a súa postal, para que na súa visita as estas cidades saiba ben por onde andar.

 

Imaxe de isabel

NA ESCOLA DE SÍSAMO TEMOS UNHA HORTA

 

 

A chegada da Primaveira trouxonos a escola unha horta!!

 

Unha mañá viñeron a escola algunhas mamás e o avó Serafín cargados de sachos, abono e unha chea de plantas de diferentes tipos: aromáticas, medicinais, decorativas e comestibles.Puxeronse manS a obra e convertiron un cachiño do patio na ¡horta de Sísamo! Dende aquí damoslle as gracias a todos/as pola súa axuda e colaboración e convidamolos a vir a probar a colleita de verduras.

Os nenos e nenas regan con moita ledicia tódalas mañáns e coas leitugas imos facer unhas ensaladas para ¡chuparse os dedos!

Imaxe de Javier

EXCURSIÓN A CAMARIÑAS

 

 

Ainda que xa pasou un chisco de tempo, non vos contamos que o 26 de marzo fixemos unha excursión a conserveira Cerdeimar de Camariñas.

Alí vimos un peixes moi grandes: era atún!! Xa estaba cocidito, listo para ser enlatado. E vimos todo o proceso de enlatado e empaquetado, o noso guia contounos que as latas de atún que alí estabamos a ver despois ía para as tendas tanto de España como de outros paises.

Tamén vimos como preparaban as sardiñas: as limpaban, pesaban, cocian, enlataban, esterilizaban…vai proceso mais laborioso!

O remataren a visita deronnos un avasallo: unhas latas de atún!!

Na galería deixamosvos as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut