Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

INSTALACIÓN ARTÍSTICA

O martes gozamos dunha "Instalación Artística", situación lúdica que lles permitiu experimentar, interactuar, expresarse, relacionarse, simbolizar... Pasárono en grande!!

Grazas profes Ana e Bea!!

 


Imaxe de Monica

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Desde a escola queríamos facerlle unha pequena homenaxe a unha muller tan grande e que tanto aportou a nosa terra.

Despois de coñecer un pouco da vida de Rosalía lemos o poema "Parece unha rosa" que quisemos compartir cos demais. Para iso, elaboramos uns folletos que deixamos atados en distinto sitios de Verdillo (cada neno/a no paseo que dimos decidiu onde deixar o seu: farolas, paradas do bus, portas das casas, señais...).

O fin, así explicado ía no díptico, é que quen o atope, goce coa poesía e despois o deixe noutro lugar para que máis persoas podian disfrutar dela.

Xa nos están chegando correos electrónicos e mensaxes do rumbo do noso traballo. Grazas!

*ACTIVIDADE BASEADA NA PUBLICACIÓN "OS FÍOS DE INFANTIL" DE ÁNGELES E ISABEL ABELLEIRA.

Imaxe de Monica

DIARIO DA SEMANA

Esta semana nas propostas de aprendizaxe:

- Manipulamos/experimentamos con xeo.

- Sumamos.

- Fixemos o noso nome na mesa de luz: primeiro con fichas traslucidas e despois con rotu de tiza.

- Creamos un oso polar con periódicos.

- Vida práctica: bastidores e trasvase de líquidos.

- Cores e tonalidades.

- Formas xeométricas en 2 e 3 dimensións.

-Lectoescritura: partes do pinguín e correspondencia maiúscula e minúscula.

- ...

 


 
 
Na sesión de horto plantamos amorodos e colocamos uns carteis para ter os bancais ben organizados:
 
Empezamos a preparar a semana de troula, o entroido xa está aquí. O meco preparado para dar as ordes e nós aprendendo unha canción para o pasarúas do venres.
 
 
Ademais, comezamos cos preparativos da pequena homenaxe que mañá lle faremos a Rosalía de Castro:
 
 
 
 
 
 
 
Imaxe de Monica

OSOS POLARES

Despois de rematar o proxecto "Despegamos! Viaxamos por España" os nenos/as queren aprender cousiñas do OSOS POLARES!

Para comezar escribimos unha nota ás familias para informalas, traballando deste xeito a lectoescritura, respetando en todo momento o nivel evolutivo de cada neno/a.

Xa sabedes, se tedes algo na casa relacionado co tema será benvido, seguro que lle sacamos moito proveito.

*En arquivos, achégovos o dossier do primeiro proxecto do curso: "Despegamos" para que o poidades ver en cor.

Imaxe de Monica

EQUILIBRIO

A profe Ana estivo traballando con nós o equilibrio, entre outros materiais trouxonos un que nos gustou moito.

Sorpresa!!!! Hoxe Nico agasallounos cun igual para ter na nosa escola. Fixoo co seu tío, que é carpinteiro. 

MOITISIMAS GRAZAS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut