Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

Agasallos dos Reis Magos

As súas maxestades Os Reis Magos de Oriente tamén fixeron unha paradiña na escola para deixarnos uns agasallos: un tren, a caixa de cores de Montessori e o Kapla. 

 


Imaxe de Monica

CALENDARIO ADVIENTO

O calendario de adviento tíñanos preparadas as últimas sorpresas: xogar con disfraces, unha chocolatina e un racimo de acebo, como dí a tradición, se pasas por debaixo del con alguén lle tes que dar un bico ou abrazo.


 

 

 

Imaxe de Monica

FESTA FIN DE ANO

Para rematar o trimestre festexamos o fin de ano na escola. Chegamos todos guapos e guapas para disfrutar do día: vimos unha peli, bailamos, cantamos e achegámonos a Porta do Sol para recibir o novo ano, antes cada neno/a preparou o seu vasito cos doce conguitos.

Mirade que ven o pasamos!!

 


Imaxe de Monica

UN BURATIÑO NA BOCA DE NOA

Noa levaba uns días dicindo que se lle movía un dente e o último día chegou toda entusiasmada e con ganas de contar que por fin caera. Como é tradición, a mascota da biblio do CRA agasallouna cun minilibro.

Imaxe de Monica

CASI CASI NO 2019

O paso do tempo é algo complicado de interiorizar para os nenos/as. Aproveitando que pronto estrearemos ano novo estivemos traballando sobre el nas asembleas, pouco a pouco o irán comprendendo, atendendo o nivel evolutivo de cada peque.

Ademáis, déixovos fotos de como remataron o adorniño que hoxe luce nas vosas árbores.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut