Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

PADRIÑOS DE LOLA!!

Seguindo a iniciativa proposta polo exercito da terra o luns apadriñamos a un pingüín. Con esta actividade comprometémonos co cuidado do medioambiente, facendo do noso planeta un lugar máis sano e equilibrado coa natureza. Lola conseguirá deste modo sobrevivir e coidar de que os seus polluelos nazan no continente antartico.

Antes de apradiñar á pingüín falamos en asamblea por qué precisarían os pingüíns da nosa axuda e que estará a pasar no antartico. Aproveitamos tamén para falar destas aves e das súas características.

Para apadriñala tíñamos que poñerlle nome así que entre todos dimos opcións: Pingüi, Antartico, José, Lolo, Manolo... Votamos e o que máis puntos acadou foi... A PINGÜÍ LOLA!

O martes xa tíñamos na escola o certificado do noso apadriñamento:

 

 

Imaxe de Monica

30 de Xaneiro

A paz traballámola día a día na escola, aínda así, o o mércores quixemos conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ cunha serie de actividades.

Comezamos falando do que significaba para cada un de nós este termo: non pegar nin pelearse, abrazarse, non molestar, axudar, ser amigos, compartir, quererse...

Coñecimos a historia da Pomba da Paz e elaboramos unha mandala con elementos naturais que temos na aula:

Continuamos cunha sesión de contacontos na que os nenos/as foros os protagonistas, convertéronse en animais e cociñaron "A MELLOR SOPA DO MUNDO". Os ingredientes da receta estan no día a día da escola:

- Un puñado de amigos

- Unha cesta de historias

- Un manoxo de risas

- Un chorrito de música

- Unha chispa de luz

- Unha pizca de calor

- Auga e vexetales. 

 



A volta do recreo atopámonos a CAIXA DA PAZ que pasará a formar parte da nosa aula. Este recurso ten instrumentos que poderemos empregar cando o necesitemos: se estamos nerviosos, furiosos, se precisamos relaxarnos, se estamos tristes, se queremos estar sós/as, se temos que resolver un conflicto cun amigo/a:
*Se necesito relaxarme ou estar só/a podo: pintar mandalas, respirar poñendo algún dos obxectos na barriga e ver como esta sube e baixa, coller o conto e xogar polos circuitos de Hervé Tulet, recoñecer o teu estado de ánimo co monstruo de cores, reláxarme coa botella da calma e a bola de porispán...
*Se necesito resolver un conflicto: primeiro, collemos un dos obxectos que nos axudan a relaxarnos. Despois, falamos para resolvelo, podemos utilizar pedras para o turno de palabra ou empregar o reloxo de área. 
Cando o coflicto interno/externo está resolto podemos tocar a campá.
Os primeiros días interviremos (os adultos) para que a empreguen correctamente pero pouco a pouco serán eles os que, autonomamente, a utilicen canto o necesiten.
 
 
 
 
 
Imaxe de Monica

PARABÉNS MARIA

Onte celebramos o cumple de María, cinco voltas arredor do sol explicando os momentos máis importantes da súa vida, pintou o cadro reservado para o seu día, soplou as velas e comimos un rico biscoto.

FELICIDADES PIRULA!



Imaxe de Monica

SABE CUMPLE 5 ANOS

Hoxe tocoulle a Sabe explicar os acontecementos importantes da súa vida xirando arredor do sol: o día do seu nacemento, na praia cando tiña un ano, a primeira vez que veia a neve, cando empezou o cole e a primeira foto do seu irmán na barriga de mami.

FELICIDADES PITUFA! 

 


Imaxe de Monica

DIARIO DE AULA

E na escola non paramos... 

* Descubrindo xogos de mesa: dominó, dobble, brain box (de los pequeniñes)... Todos moi interesantes para estas idades.

 

*De onde sae o algodón? As súas premisas iniciais: da ovella, da fábrica, do super...

DUNHA PLANTA! 

 

*Elaboramos unha lista de roupa de inverno: por turnos cada neno/a pensaba nunha prenda e saía a pizarra a escribila (respetando o nivel de cada pequeno/a: houbo palabras completas, raias, circulos, algunas palabras que lles faltaban letras...)

* Sesión de relaxación: tantos días sen poder sair ao patio tíñanos un pouco nerviosos e alterados...

Distribuir contido


by Dr. Radut