Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

Diario de Berdillo

Continuamos traballando coas propostas de aprendizaxe...


Imaxe de Monica

8 DE MARZO

O xoves, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, coñecimos a unha muller que loitou polo cambio na historia da educación e confiou no neno/a como o verdadeiro constructor dunha nova sociedade: María Montessori.

Como ela, moitas máis en moitos ámbitos que iremos coñecendo na escola. Para todas esas mulleres que camiñan xuntas e para as máis cercanas os nenos/as (nais, avoas, profes...), elaboramos unhas pulseiras cunha menxase: únicas, traballadoras, chulas... Palabras que saíron dos peques aos pensar nelas.

Imaxe de Monica

PARECE UNHA ROSA

A nosa homenaxe a Rosalía tivo éxito: poesía lida por outras persoas, dípticos en novos lugares...

 

Moitas grazas a todos os que participáchedes desta actividade e tamén polas mensaxes tan bonitas que enviáchedes aos nenos.

Imaxe de Monica

ENTROIDO

A semana pasada celebramos unha das festas máis tolas do ano. Na escola estivemos moi atarefados:

* O Meco non parou de dar mandatos.

* Recorrimos pobos galegos coñecendo/recordando persoaxes típicas desta festa: Os Peliqueiros de Laza, O oso de Salcedo, As pantallas de Xinzo, Os cigarróns de Verón... e os choqueiros da Coruña.

*Dimos a benvida o entroido cun pasarúas cos nosos compis das outras escolas e cunha festa chea de talleres no mercado.

Imaxe de Monica

TABLA CURVA

Hoxe recibimos un agasallo, a tabla curva. Balancearse é un xogo de control motriz. A Bambán favorece o movemento libre como actividade autónoma dos nenos/as axudando a que descobran as súas capacidades a partir dos seus fracasos e logros.

Un xoguete simple, natural e respetuoso co entorno, que non interfire na liberdade de xogo. Está inspirado nas liñas pedagóxicas baseadas no respeto ao desenvolvemento do neno/a (Waldorf e Pikler), e con infinitas posibilidades para eles: un túnel, un balancín, un tobogán, unha hamaca, un trampolín, un banco... Imaxinación!

Hoxe houbo nenos/as que non xogaron con outra cousa!!! 


Distribuir contido


by Dr. Radut