Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

ANIVERSARIO AROA

Hoxe na escola celebramos o aniversario de Aroa que mañá cumplirá 4 anos.

FELICIDADES PITUFA! 


Imaxe de Monica

DIARIO DA ESCOLA

EXPERIMENTO

Antes das vacacións realizamos un experimento co fin de comprobar como as plantas absorben auga. Enchemos tres botellas con auga e botámoslle colorante: vermello, amarelo e azul.

Establecemos hipóteses, que ocorrerá? e obervamos. Concluimos que as flores absorben auga polo talo e o levan o resto da planta por iso os pétalos agora eran da cor do colorante.

 

CÍTRICOS

Tamén quedara pendente unha actividade cos cítricos que resultara despois de que Manu nos trouxera dous deles: laranxa e limón. Añadimos a estes dous o pomelo e a lima. Buscamos información, tocámos, ulimos, probamos, escribimos o seu nome, contamos as letras...

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro e na escola tivémolo presente. Nesta ocasión traballamos a banda deseñada. Depois de ler un comic, falar del e das súas caracteristicas cada neno/a realizou o seu propio a partir de catro viñetas. Primou "o que querían contar" por eso eu escribín a historia que eles me dictaban. A vindeira semana seguiremos traballando esta data conmemorativa con varios contacontos moi especiais.

VISITA POLICÍA

O máis esperado da semana era a visita do policía. Mantivemos con el unha conversa na que sobre todo falamos das normas de seguridade. Sen dúbida o que máis nos gustou foi ver o coche, escoitar a serea, falar polo micro...

PROTAGONISTA DO CONTO

Durante este trimestre levaremos a cabo unha vez a semana a actividade titulada "Protagonista do conto". O obxectivo é que debuxen o protagonista do conto que limos:

1º Lectura do conto.

2º Análise da ilustración

3º Trazo en papel.

Pretendese que cada vez poñan máis énfase nos detalles do debuxo. Ademais, dependendo do nivel, escriben o título e o nome do personaxe.

 

 

Imaxe de Monica

DÍA CONVIVENCIA ARTES E VERDILLO

A convivencia do venres cos nenos/as de Artes resultou magnífica. Deixovos un pequeno resumo do que aconteceu o longo da mañá.

Comezamos bailando e movendo o corpo para seguir cun xogo de presentación no que nos unimos tecendo unha tea de araña. Queríamos seguir unidos o longo da xornada polo que fixemos outra representación máis, unirnos tamén na tea de araña representada no patio cuberto. Para iso, fixemos os nosos autoretratos e escollimos un fío para colgalo. 

Chegou o momento da merenda, preparamos zume de laranxa e unhas deliciosas borchetas de froita con chocolate.

Continuamos co recreo no que compartimos xogos e risas .

Rematamos a xornada cunha inslalación artistica (é unha manifestación de arte contemporáneo que propón un espazo simbólico para representar unha idea ou mensaxe intencionado. É unha situación lúdica, de experimentación, relación e de aprendizaxe a través da transformación do espazo e da exploración dos obxectos presentes na na mesma).  

Despois de interactuar con ela falamos en asemblea o experimentado e representamos o vivido o longo da xornada nun mural. O producto final do día quedou precioso.

 

Grazas aos nenos/as de Artes por acompañarnos!

 


Imaxe de Monica

ARBORES FRUTAIS

Seguimos coñecendo árbores frutais...

Grazas Manu por traernos unha ramiña de limoeiro e de laranxo. A volta de vacacións traballaremos sobre os cítricos: laranxa, limón, pomelo e lima.

Imaxe de Monica

REMATAMOS!

Hoxe rematamos as actividades relacionadas cos osos polares elaborando a este mamífero con arcilla.

Traballar con este material en tres dimensiones non é nada doado (motricidade fina, concentración, creatividade, dimensións...), o resultado foi impresionante!!  

Xa andan a debatir sobre que imos a investigar despois das vacacións!

Distribuir contido


by Dr. Radut