Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

DIARIO DA ESCOLA

Imaxe de Monica

EXPERIMENTO

Antes das vacacións realizamos un experimento co fin de comprobar como as plantas absorben auga. Enchemos tres botellas con auga e botámoslle colorante: vermello, amarelo e azul.

Establecemos hipóteses, que ocorrerá? e obervamos. Concluimos que as flores absorben auga polo talo e o levan o resto da planta por iso os pétalos agora eran da cor do colorante.

 

CÍTRICOS

Tamén quedara pendente unha actividade cos cítricos que resultara despois de que Manu nos trouxera dous deles: laranxa e limón. Añadimos a estes dous o pomelo e a lima. Buscamos información, tocámos, ulimos, probamos, escribimos o seu nome, contamos as letras...

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro e na escola tivémolo presente. Nesta ocasión traballamos a banda deseñada. Depois de ler un comic, falar del e das súas caracteristicas cada neno/a realizou o seu propio a partir de catro viñetas. Primou "o que querían contar" por eso eu escribín a historia que eles me dictaban. A vindeira semana seguiremos traballando esta data conmemorativa con varios contacontos moi especiais.

VISITA POLICÍA

O máis esperado da semana era a visita do policía. Mantivemos con el unha conversa na que sobre todo falamos das normas de seguridade. Sen dúbida o que máis nos gustou foi ver o coche, escoitar a serea, falar polo micro...

PROTAGONISTA DO CONTO

Durante este trimestre levaremos a cabo unha vez a semana a actividade titulada "Protagonista do conto". O obxectivo é que debuxen o protagonista do conto que limos:

1º Lectura do conto.

2º Análise da ilustración

3º Trazo en papel.

Pretendese que cada vez poñan máis énfase nos detalles do debuxo. Ademais, dependendo do nivel, escriben o título e o nome do personaxe.

 

 



blog | by Dr. Radut