Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

MINI-MUNDOS

Durante o curso tivemos na "mesa de experimentación/trasvase" varios mini mundos. Hoxe ensinámosvos o relacionado co Ártico.

Trátase de propostas de aprendizaxe basadas na creación de habitats reais a pequena escala. As nenas/os desenvolven o xogo simbólico onde os protagonistas son as persoaxes e animais que o habitan.

Este xogo aporta grandes dosis de pensamento creativo, escenarios de xogo onde se reflicten emocións, ilusións, fantasias...

Encántalles!!!

Imaxe de Monica

IOGA

Sumando experiencias, hoxe tivemos unha clase de ioga grazas a Ana, mamá de Sofía.

 

Imaxe de Monica

ZAIDA

Onte Zaida estivo de cumple... Xa ten 4 anos!!! Hoxe celebrámolo na escola cunha festa na que ela foi a protagonita!

FELICIDADES ZAIDA!!


Imaxe de Monica

PINTANDO CON XEO

O luns tivemos visita no cole. María, a mami de Luci C. contounos un conto que Nico trouxo a escola: "Cuando el hielo se derrite". Unha historia que fai pensar: no Ártico algo está pasando, o clima está alterado, hai demasiada auga e poco xeo, un valiente oso polar emprende unha longa viaxe para atopar a súa nai...

Como sabedes, estamos aprendendo cousas sobre os osos polares e o ártico polo que este conto axudaranos a xenerar debate nos próximos días: Que está pasando no polo norte? Como podemos axudar para que o xeo non se derrita?...

Completamos a actividade pintando con xeo, unha actividade de expresión artistica cunha sensación sensorial añadida: "o frío".  

Mirade que ben o pasamos:

 


Imaxe de Monica

BARRAS NUMÉRICAS

Esta semana Sofi prestounos as Barras Numéricas que fixo na súa casa para traballar o concepto de cantidade e iniciarse no sistema métrico decimal. Seguro que lle sacamos moito partido na escola.

Xa estamos mans a obra para ter as nosas, mentras empregaremos as da nosa compi.

Grazas Sofía.

Distribuir contido


by Dr. Radut