PROGRAMACIÓNS
Xa están a disposición da comunidade educativa todas as programacións correspondentes ao curso 24/25. Podedes consultalas no apartado de Programacións
MODIFICACIÓN NAS NOFC
O claustro e o Consello Escolar do CRA de Narón aprobaron, por unanimidade en cadansúa sesión, unha modificación nas NOFC que resulta de interese para todas as familias do centro.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 24/25
Xa podedes consultar o calendario escolar deste curso 24/25.
Os dous días non lectivos escollidos polos centros son o 4 de novembro de 2024 e o 2 de Maio de 2025.
Comunicación en Verán
Dende o 18 de xullo se tedes algunha urxencia e precisades contactar co centro o teléfono activo é o de dirección:
626 42 20 80
Así como o correo electrónico: cra.naron@edu.xunta.gal
ENTREGA DE VALES DE MATERIAL PARA 1º,2º,3º E 4º DE PRIMARIA E VALES LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º DE PRIMARIA
Publicadas as listaxes definitivas de fondo libros
farase entrega dos vales o vindeiro día
XOVES 11 XULLO DE 2024 DE 9:30 A 12:00 NA ESCOLA DO VAL
ADIANTE 36
Xa podedes desfrutar do último número da nosa revista escolar ADIANTE. Na súa edición 36, recolle os traballos feitos polo alumnado do noso CRA, desde Infantil a Primaria, arredor do Proxecto do Mar. Desexamos que pasedes un bo verán lendo a nosa revista!.
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-25 EDUCACIÓN PRIMARIA
Nos arquivos adxuntos poden descargarse as listaxes de materiais de cada curso e a relación de libros de texto.
FONDO LIBROS E AXUDA DE MATERIAL
Se queredes consultar a orde que regula estas axudas tedes que premer aquí
Se queredes descargar a solicitude tedes que premer aquí
Se queredes descargar as instruccións da Consellería tedes que premer aquí
Se queredes acceder a aplicación fondo libros tedes que premer aqui
Recordade o horario por se desexades presentalo na sede de San Xiao, aquel alumnado que vai estar escolarizado no CRA DE NARÓN o vindeiro curso:
LUGAR: SEDE DO CRA DE NARÓN- SAN XIAO
MARTES DE 11 A 14 HORAS E DE16 A 18 HORAS
XOVES DE 11 A 14 HORAS
O ÚLTIMO XOVES QUE ESTAREMOS É O XOVES 20 DE XUÑO