Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Equipo Directivo, Que é o CRA?, Contacto, Calendario escolar
Teléfonos e correo.
DIRECCIÓN 626 422 080
XEFATURA DE ESTUDOS 696 920 229
ESCOLA DE DOMIRÓN 696 920 440
ESCOLA DE O VAL 696 920 124 (Infantil) - 646 327 797 (Primaria)
ESCOLA DE SEDES 626 422 048
ORIENTACIÓN 696 920 190
SEDE. SAN XIAO: 881 93 03 66. Fax: 881 93 03 67
Correo postal: CRA de Narón, San Xiao s/n, 15570 - Narón.
Correo electrónico: cra.naron@edu.xunta.es.
Situación xeográfica. Escolas.
Mapa do Concello.
Estradas e situación das Escolas do CRA e do Edificio Principal (Sede).
Ir aos datos oficiais e á localización xeográfica de cada escola: enlace
Localización da Sede, no Lugar de A Igrexa, San Xiao, na estrada de Castro a Xuvia.
Que é o CRA?
A escola rural en Galicia.
Galicia presenta unha gran diseminación da poboación, o que motiva un mapa escolar moi heteroxéneo. A Lei Xeral de Educación de 1970 provocou que a meirande parte das escolas unitarias foran substituídas por concentracións escolares, pasando a ser o transporte dos alumnos un fenómeno xeralizado.
A partir de 1982 produciuse o proceso contrario; a Administración Educativa volveu poñer en funcionamento moitas escolas unitarias que pecharan, escolarizando nelas a alumnos de 3 a 5 anos e do ciclo inicial. As escolas rurais son consideradas de novo como institucións educativas idóneas e elementos de revitalización socioeconómica e cultural.
Os colexios rurais agrupados, un novo modelo de educación rural.
A finais dos 80 nacen os colexios rurais agrupados (CRA) como instrumentos que serven para resolver mellor os problemas das escolas unitarias. No curso 1988-89 comezou en Galicia a formación dos tres primeiros Colexios Rurais Agrupados: Teo, Narón* e Santa Comba. O noso CRA ten xa máis de 20 anos de experiencia.
Que son os Colexios Rurais Agrupados?
Os CRA son agrupacións de escolas unitarias da zona rural constituíndo un so colexio público. As antigas escolas unitarias pasan a ser unidades do CRA, compartindo os órganos colexiados (Claustro, Consello Escolar, Comisión Económica, Comisión de Coordinación Pedagóxica, Equipos de Ciclo, Equipo de Normalización Lingüística...) e os órganos unipersoais (Dirección, Xefatura de Estudos, Secretaría). Ao profesorado titor de cada unidade engádese profesorado especialista itinerante de Educación Física, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Música, Idioma, Orientación e de Apoio.
A unión permite a dotación de profesorado e de equipamento material que non serían posibles se a escola unitaria estivera independente.
Cualidades da escola unitaria.
A escola unitaria, resolvendo as súas carencias, pode chegar así a converterse nun elemento educativo privilexiado, na que é posible:
* Unha educación personalizada.
* A relación doada coas familias.
* A relación inmediata con contornos naturais.
* O coñecemento alto do profesorado sobre o seu alumnado e o seu contorno.
Na zona rural a escola aberta significa esperanza e posibilidade de supervivencia, mentres que a escola pechada afonda o desánimo e o pesimismo.
O CRA é a escola máis de preto, de calidade, sen ir máis lonxe.
Correo electrónico:cra.naron@edu.xunta.es
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4