Ed. física
Xogos de Mesa....motrices!!
Ainda que non o parezca, xa que todos os días son iguais...hai veñen as vacacións de Semana Santa, e o voso traballo será....XOGAR!!
Aqui tendes uns xogos de mesa motrices, duas ocas e un parchis para que imprimades o taboleiro e...a xogar e movernos un pouco!! Esperamos que vos gusten!
OCA #1 | OCA # 2 | PARCHIS |
Idea orixinal: https//claudiojiga.wixsite.com/edufis |
Idea orixinal: CEIP Manuel Masdias |
Muiñeira do Plástico
Antes de que todo isto comezase, tíñamos entre mans un proxecto de bailar, cantar e tocar unha muiñeira...Se queredes seguir prácticando ou ensinarlle as familias o baile aqui o tendes: por lado a música, por outra a letra, e logo videos de cada punto, para 1º e 2º por un lado, e para 3º e 4º polo outro.
Recordade que as parte de roda son sempre camiñando ao ritmo da música, e os paseos son cara dentro e fora de roda (3 pasos e xuntamos os pes)
Aqui tendes o enlace a os materiais
https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/course/view.php?i...
So tendes que entrar como convidados se non lembrades o voso usuario e contrasinal.
A música é unha adaptación que nos fixeron o grupo Tanto Nos Ten para nos, sobre unha peza deles, chamada Muiñeira das Furnas, aumentaron unha copla e baixaron un pouco a velocidade. Moitas Grazas de verdade!! Sodes grandes!!!
Fai clic aqui para visitar a súa páxina web. E aqui tendes o seu canal de Youtube
Circuitos de Pés e Máns
Hoxe traemos unha plantillas para descargas de pes (dereito e esquerdo) e das mans (dereita e esquerda), so tendes que imprimir varias de cada (se non queredes ou non podedes imprimilas, tamén podedes debuxalas nun carton ou papel) e deixar voar a imaxinación para facelo máis ou menos complexo, aqui vos deixo algunhas propostas.
Un Mar de Muiñeiras. Video Oficial
Xa temos o video oficial do Mar de Muiñeiras, esperamos que vos guste: