25/5/2020 3º primaria

Luns 25 maio de 2020 - 3º E. Primaria

Queridas familias: unha semana máis vos deixo as actividades para facer. Recordade facer un poquiño cada día para seguir aprendendo un pouquiño máis.  E aproveitade para ler o que vos guste cada día, é importantísimo!

Xa sabedes que se tendes algunha dúbida me podedes escribir.

Espero que tod@s esteades ben. Un saúdo enorme, Irene.

1º Como nos sentimos? Cada día escoller un emoticono que represente como nos sentimos e explicar a razón.

2ºAs horas: adxunto un para aprender a ler as horas. Tendes unha páxina para cada día. Ademáis de un dominó de horas que podedes recortar para practicar un pouquiño cada día cunha partida de domino e así aprender xogando.

3ºVideo: horas del reloj para niños - Aprender las horas - Vídeos educativos para niños

https://www.youtube.com/watch?v=x0azH56EjKQ

4ºXogamos cos dados. Facer series tirando un dado. Empezamos en cero, cada vez que tiramos o dado lle sumamos o número que sae ao anterior ata chegar ao número cen. Podedes ir anotando para que vos sexa máis fácil. Debedes facer unha serie cada día.

Exemplo: 0+3=3+5=8+6=14+5=19+2=21.....

5ºResolución de problemas: mezcla sumas, restas, multiplicacións e divisións. Podedes facer unha páxina cada día

6º Competencia lingüística. Debedes ler a historia de Garcibuzo as preguntas sobre el. Recordade todas as respostas están no texto

7º Palabras encadeadas. Debermos pesar unha palabra e ir enlazando coa seguinte co final da súa sílaba. Podedes facelo de maneira oral ou escrita. Debedes facer unha cadea cada día, veredes como cada vez é máis fácil.

Por exemplo: pita-taza-zapato-tomate-tetera...

8º Visionado da curta “Coin operated”https://www.youtube.com/watch?v=5L4DQfVIcdg

Tras ver esta curta, facer o seguinte:

-Buscar que significa “coin operated”

-Escribir toda a historia, coas vosas palabras, coidando a limpeza e a ortográfia.

-Reflexionar se aprendestedes algo desta historia. O que?

-Facer un debuxo escollendo a imaxe que máis gustou.

AdxuntoTamaño
El reloj.pdf654.03 KB
Resolución de problemas.pdf737.92 KB
competencia linguística.pdf357.51 KB