14/4/2020
Martes 14 abril 2020
Estimadas familias:
Comeza o 3º trimestre e imos comezar a avanzar nalgúns contidos e imos a seguir repasando moitas actividades xa feitas. Sempre ao voso ritmo e na medida das vosas posibilidades.
1ºComo me sinto?: Escribir todos os días o noso diario de como nos sentimos cada día. Recordade que podedes engadir algunha frase, debuxos e cores.
2ºSomos calculistas. Coa axuda dun dado terán que facer calculo mental rápido. Repartido por tempos sumas, restas e multiplicacións. 5 min para cada unha. (Restar: dos números que saen nos dados restar o número pequeno ao grande)
3ºRepaso da táboa de multiplicar. Intentamos dicila ao revés? Si é moi difícil, toca dicila para diante mentres saltamos á corda, facemos o pino...
4ºComezamos a dividir: Ver en youtube un Profesor: enseñar a dividir, dividir entre una cifra (divisiones exactas), dividir entre una cifra (divisiones inexactas). Podedes ver os videos as veces que queirades.
https://www.youtube.com/watch?v=IsJxMiXRXlU
https://www.youtube.com/watch?v=ySCijQQOfWA
https://www.youtube.com/watch?v=7PhqfEMAisI
5ºPracticamos repartos e división: Adxunto un pdf
6ºLengua e lingua. Temos na páxina web do CRA os libros dixitais de Santillana. Cada día ir facendo un pouquiño e alternando. Podedes facelos de maneira oral, escribindo as respostas directamente na libreta ou imprimir. Escollede como vos sexa máis fácil.
7º-Ler. Aproveitade para ler: contos, periódicos, revistas, receitas ou as ofertas do supermercado. Escollede aquelo que vos guste e a ler. Ler un pouquiño en voz alta con “voz de radio voz” algunha noticia divertida ou a letra dunha canción que vos guste.
8º-Vídeo
para fomentar a lectura: https://www.youtube.com/watch?v=dwh7Z2cRxYk
Tras o seu visionado poden comentalo de maneira oral, facer un pequeno resumo (respectando a ortografía e limpeza) e un debuxo.
8º-Inglés. Ir facendo os exercicio de ingles, poñede a data día. Podedes ver algúns debuxos en ingles ou escoitar cancións coa letra e tratar de cantar.
9º-Música. Practicar un pouqiño coa frauta repasando esas cancións que xa sabedes.
Un saúdo,Irene3º
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cuadernillo divisiones (Operaciones y problemas una cifra).pdf | 144.47 KB |