30/3/2020 3º primaria

30/03/2020

Estimadas familias:

Espero que todos e todas continuedes ben. Imos seguir traballando un pouquiño academicamente para recordar o que xa sabemos e avanzar un chisquiño nalgunha cousas. Recordade que todo o teñen que saber facer os nenos e as nenas sos. Vos solo tedes que ser un apoio. Estas tarefas son para facer ao voso ritmo e na medida das vosas posibilidades.

1ºSomos calculistas. Coa axuda dun dado terán que facer calculo mental rápido. Repartido por tempos sumas, restas e multiplicacións. 5 min para cada unha. (Restar: dos números que saen nos dados restar o número pequeno ao grande)

2ºInventar cada día un problema no que haxa que facer dúas operacións. Ir combinando diferentes tipos de operacións ao longo da semana. (Podedes coller ideas dos libros que tedes e cambiar os datos) Unha vez inventado, hai que resolvelo. Recordade dicir que é o resultado, podedes facer debuxos.

3ºRepaso da táboa de multiplicar. Intentamos dicila ao revés? Si é moi difícil, toca dicila para diante mentres saltamos á corda, facemos o pino...

4ºInventa un robot. Cada día da semana hai que facer un debuxo dun robot. Recordade, que sexa grande e teña todas as partes que vos queirades. A continuación debedes describir: Nome, idade, aspecto físico, que cousas sabe facer, porque estaría ben que existise un robot así.

5º-Crear rimas. Busca palabras que rimen con cada día da semana, cando teñas unhas cantas, trata de facer un pareado:

-Los lunes

como patatas con atunes.

-Los martes

Practico todas las artes

6º-Ler,ler e ler. Aproveitade para ler toooodo que poidades: contos, periódicos, revistas, receitas ou as ofertas do supermercado. Escollede aquelo que vos guste e a ler. Recordade ler un pouquiño en voz alta con “voz de radio voz.”

7ºContamos euros: Contar os euros dunha cantidade determinada. Incluo unha imaxe de exemplo, vos podedes facer moitos outras. Incluso se vos animades, xogade a comprar e vender. 

https://www.mateslibres.com/dinero/imagenes/contar_monedas_10_sin_cent_es_001_pin.jpg

 

8º-Recordade ir facendo os exercicio de ingles, poñede a data día. Podedes ver algúns debuxos ou series en inglés. É un exercicio fantástico e facilísimo.

Un saúdo

Irene 3º CRA Narón.