PROPOSTAS CON FLORES
Dada a gran colaboración do alumnado aportando flores para os maios, aproveitamos para facer varias actividades con elas.
Algunhas xa as coñecíamos pero outras non, entón adicamos un ratiño a buscar que nome tiñan para ampliar o noso vocabulario da flora da contorna.
Tamén as ulimos, tocamos, apreciamos as súas bonitas cores..
Despois fxeron unhas fermosas composicións artísticas con elementos naturais, cada un deixou voar a súa imaxinación e sairon cousas marabillosas.
Tamén houbo tempo para experimentar, manipular e crear diferentes perfumes de flores naturais.
|
As diferentes fragrancias ían etiquetadas cada unha co seu nome e como podedes ver tamén as ían probando a ver cal era a que máis lle gustaba a cada un.